IFECGAS PEREIRA XIRIA 21 – GARAYSA XIRIA 20

23/03/2004 16ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Rodrigo (2), Cristophe, Rubén (1), Anxo, Aitor (5), Gonzalo (4), Javier(3), Iago, Alejandro (6).

GARAYSA XIRIA: Guillin, Norberto (3), Diego Diaz, Joaquin(8), Jesús (5), Manuel(4), Eloy, Nico, Oscar, Martín .

Non foi xusto o marcador cos rapaces do Garaysa, no enfrontamento entre os dous equipos cadetes da A.D. Xiria, correspondente á 16ª xornada da LIga Territorial.

Os de Fernando Vázquez demostraron unha mellor actitude que o Ifecgas, ó que lle prantaron cara durante todo o encontro, que resultou tremendamente igualado, aínda que os de Martín Cotelo foron sempre por diante no electrónico, con diferencias sempre inferiores ós catro goles.

Desta renda máxima disfrutou o Ifecgas Pereira durante a primeira metade, pero acabaron sufrindo para conservala ante o empuxe do Garaysa que chegaron a nivelar o marcador en varias ocasións, e que incluso poideron obter un mellor resultado pero erraron no derradeiro ataque do encontro.