IFECGÁS PEREIRA XIRIA 28 – EPAAT OLEIROS 22

Ifacgás Pereira Xiria: Naya, Miguel, Néstor, Diego López ( 5 ), Dani, Zas ( 5 ), Rodrigo ( 5 ), Diego Puente ( 4 ), Ramón ( 3 ), Pombo ( 2 ), Óscar ( 1 ), Iván ( 1 ), Caamaño, Juan ( 2 ).

Colexiado: O colexiado Vicente Pérez non tivo unha boa actuación.

O equipo carballés, a pesares de non facer un bo encontro obtivo a victoria grazas á súa superioridade tanto individual coma colectiva. A intensidade e actitude deste equipo mellorou nos últimos tempos, pero a desfensa segue a ser moi branda e chea de despistes. A situción en ataque vese falta no xogo co pivote a través dos bloqueos e o pase, sobre todo cando as defensas contrarias son presionantes provocando numerosas perdas de balón.. Aínda así o partido foi cómodo en todo momento e o alectrónico ao descanso xa marcaba un 15-10 a prol dos de Fernando Vázquez. Na derradeira xornada enfontaranse campión e subcampión, Esc. Mpal. de Camariñas e Ifecgás Pereira Xiria respectivamente, sen nada en xogo e con ambos conxuntos clasificados para a fase final do campionato galego. Faltará por decidir quén os acompañará como terceiro representante da zona norte, Tirso ou OAR.