IFECGÁS PEREIRA XIRIA 38 – BM. NARÓN 21

Ifecgás Pereira Xiria: Miguel e Naya (porteiros), Diego López (9), Caamaño (1), Rodrigo (4), Ramón (7), Diego Puente (3), Iván (4), Zas (1), Barreiro, Néstor, Pombo (6), Andrés (1) e Óscar (2).

Bm. Narón: Sergio, Daniel (4), Miguel (6), Borja, Víctor, Brais (3), Iván (2), Ismael, Aarón (2 ), Robeto, Rubén, David (2) e Sergio.

Colexiado: Boa actuación do árbitro José Flores.

Superioridade abafante do cadro de Carballo. Dende os primeiros intres o equipo local impuxo a súa defensa e o contragolpe en segunda oleada, que son as notas de identidade deste conxunto. Os xogadores do Narón non eran capaces de bati-la porteria de Miguel salvo en contadas ocasións que eran producto de despistes defensivos ou do porteiro provocados pola pouca intensidade do choque. O técnico carballés Fernando Vázquez aproveitou para repartir minutos entre os seus pupilos e conseguir unha facil e abultada victoria