12/12/2004 7ª XORNADA
IFECGAS PEREIRA XIRIA: : Guillín, Miguel, Iago, Diaz, Caamaño (3), Ramón (1), Puente (2), Joaquí (11), Manuel (11), Óscar (4), Jesús (6), Efrén, Norberto (4), Eloy (1).
ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Alejandro, Diego, Xabier, Canosa, Diango (2), Héctor, Ernesto (2), Carracedo (2), Sebas, Adrián Lema (2), Jesús, Juan C. Lema, Campaña (4), Mas (9).
Partido bronco o disputado o pasado Domingo no pavillón carballés da Zona Escolar. O encontro comezou cunha forte defensa por parte carballesa e con igualdades no marcador. Este inicio foi so un espellismo xa que o Ifecgas Pereira non tardaría moito tempo en por terra de por medio e moverse nunhas distancias cómodas no electrónico.
A impotencia do Camariñas que non lograba perforar a meta de Iago e a incompetencia do árbitro David Rodríguez provocaron que o partido se instalase na brusquidade. Esto provocou que ambos equipos entrasen nun estado excesiva tensión e nerviosismo que rematou con varias accións ó límite por parte dos xogadores camariñáns e con un expulsado por tarxeta vermella directa. Outra vez volveron a raiar a un gran nivel os tres gardametas carballeses Iago, Miguel e Guillín.
O colexiado David Rodríguez estivo moi mal.