IFECGAS PEREIRA XIRIA 69 – BM. RIVEIRA 10

22/1/2004 10ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Miguel, Guillín, Iago (porteiros); Jesús (6), Óscar (10), Norberto (11), Díaz (3), Puente (3), Javi (6), Eloy (3), Caamaño (2), Joaquín (13), Ramón (1) e Manuel (11).

CM. RIVEIRA: José A., José M. (2), Rubén, Joran, Antonio (2), Carlos A. (1), Francisco, Jorge (2), Hector, Fran (3) e Vilas.

O equipo cadete da A.D. Xiria, o Ifecgás Pereira Xiria amosouse moi superior ó Bm. Riveira no derradeiro partido da primeira volta da competición cadete. Dada esta grande superioridade, tódolos xogadores carballeses puideron participar nesta victoria disfrutando de mais minutos os menos habituais. Destacar que a base da victoria dos de Fernando Vázquez foi a súa defensa e a saída en veloces contragolpes en segunda oleada.

Xa se chegaba ó tempo de lecer cun avultado 34-6 que se foi ampliando na segunda metade ata chegarse ó definitivo 69-10.
Os colexiados Adrián Braojos e David Rodríguez non tiveron unha boa actuación e amosaron un escaso coñecemento das sancións disciplinarias permitindo numerosas infraccións ó cadro visitante.