IFECGÁS PEREIRA XIRIA 16 – CAIXANOVA OCTAVIO 44

Ifecgás Pereira Xiria: 16(10+6): Bisbi, Brais (2), Iago (2), Antón (3), Martín, Alvarito, Adrián (1) -equipo inicial- Miguel (2),Dani (2), David García (2), Mourín, JorgeViñas (2), Iván.

Caixanova Octavio: 44 (24+20): Eduardo, Germán (8), Rubén (7), Andrés (4), Adrián (5), Mouriño (2), Miguel (3) -equipo inicial- Diego (1), Joaquín (1), Dani (3), Bruno, David (6), Cacheda (4).

Colexiado: Daniel F. del Valle.

O Ifecgás Pereira Xiria rematou a tempada oficial cunha sonroxante derrota ante o campión de liga. Así, os carballeses quedan eliminados da Copa Federación de División de Honra Xuvenil.

A indolencia, a desgana,a apatía e a falta de compromiso, que viñeron sendo habituais ao longo de toda a tempada, puxéronse de manifesto, unha vez máis, para asinar un fin de campaña nefasto en todos os sentidos. O partido non presentou problema ningún para os visitantes, que pasaron como unha apisoadora polo pavillón carballés dende o inicio do choque. Os do Xiria sairon derrotados de antemán e sin ningunha actitude. A defensa non tiña intensidade, non existían os contactos e os lanzamentos dos vigueses que nos remataban na rede era grazas á boa actuación do porteiro Bisbi. O contragolpe non existía, xa que os xogadores se amosaban moi estáticos no xogo. A mala selección de lanzamento e as perdas de balón regalábanlle aos do Octavio sinxelos contaataques de dous e tres xogadores sós contra o porteiro, xa que os de Carballo eran indolentes no balance defensivo. Nas bancadas o silencio era o que predominaba no descanso xa que a diferenza era xa demasiado avultada, 10-24.

A segunda metade foi aínda máis sangrante para un Ifecgás Pereira que só puido perforara a portería visitante en seis ocasións, recibindo un parcial na reanudación de 6-20.

En resume, tempada para olvidar, tanto a nivel individual como colectivo, xa non tanto polos resultados se non por como se produciron. Traballo longo e duro cara o ano que ven para non hipotecar o magnífico traballo dos cadetes que pasan a categoría xuvenil e que si amosan ganas e unha excelente actitude para o traballo.