IMG_0195

Importante vitoria do Grupo Lemaco ante o Balonmán Lalín

Grupo Lemaco Xiria 29 – Balonmán Lalín  28(15-15)

Visitaba Carballo o representante dunha das mellores canteiras do Balonmán Galego, como ven a demostrar ano tras ano, sacando xogadores de gran potencial e calidade, o equipo Cadete Masculino do Balonmán Lalín e rival do Grupo Lemaco Xiria para facerse cos primeiros postos desta División de Honra. O rival e o partido non defraudaron, calquera dos dous equipos puido facerse coa vitoria, tendo emoción ata o derradeiro segundo onde nunha acción na que un xogador do Lalín impedía o saque de centro, sendo sinalada co pertinente castigo de 7 metros a favor do Grupo Lemaco, que transformaba Dani Mallo conseguindo que os dous se quedasen en Carballo.

Saían os dous equipos cunhas defensas 5:1 con profundidade nos seus avanzados, intentando que a fluidez dos ataques se vira afectada na continuidade e a vez buscando roubos de balón para as contras. OS lanzadores de ambos equipos eran marcados en proximidade e a pesar de por veces conseguir boas opcións de lanzamento, aínda tiñan que superar a uns acertados porteiros. A igualdade reinou nesta primeira metade o Xiria collía vantaxe pero rapidamente o rival restaba ata a igualdade, táboas ao descanso.

Na segunda metade, os equipos coñecedores do que tiñan diante, buscaron varias alternativas no ataque, pero as forzas ían en diminución, os ataque fixéronse máis espesos. Acadaba o Grupo Lemaco certa distancia no marcador, pois era maior a súa efectividade recuperando balóns e saíndo a contra, puideron ser determinantes varias accións diante do porteiro lalinense que estivo acertado nos momentos precisos, metendo ao seu equipo no partido. A falla de varios segundo, Juan Lago colocaba o empate no marcador a 28 goles, pero ao sacar o Xiria de centro aconteceu a xogada onde o Lalín foi castigado con eses 7 metros, que ao transformarse daba a vitoria ao Grupo Lemaco.

Notou o Xiria a baixa do seu capitán Alex Gómez no partido máis difícil no que vai de competición. Esta semana o Xiria terá dobre enfrontamento, en Vigo o xoves diante do Lavadores e o fin de semana recibindo ao Balonmán Cisne pontevedrés noutro determinante encontro para o desenlace da liga.

Grupo Lemaco Xiria 29 (15): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez, Mario Cancela 8, Dani Mallo 9, Franco Rial, Adrián Mesejo 1, Juan Pereira, Mario Rincón 1,  Diego Rodríguez , Diego Antelo 3, Carlos Varela, Aaron Rodríguez 1, Brais Vila 3, Iago Rincón 3 e Fernando Mallo.

Balonmán Lalín 28 (15): Rodrigo Conde (porteiro) , Juan Lago 6, Manuel Gil 4, Javier Iglesias 5, Isaac Couso 6, Alberto Otero, Cristian Expóxito 3, Santiago Peña 1, Alberto Rodríguez 1, Miguel García 2, Antonio Canda, Antón Maceira e Aitor Gil.

Marcador cada 5 min: 3-3/ 6-4 / 9-7/ 10-9/ 13-13/ 15-15/ 17-17/ 19-19/ 20-21/ 24-23/ 25-26/ 29-28

Arbitraron: Angel Mateos y Pablo Torreiro, sen complicacións

IMG_0194 DSC_0002 DSC_0004 DSC_0006 DSC_0008 DSC_0009 DSC_0010 DSC_0011 DSC_0012 DSC_0013 DSC_0014 DSC_0015 IMG_0146 IMG_0166 IMG_0168 IMG_0170 IMG_0176 IMG_0182 IMG_0190 IMG_0193 IMG_0194 IMG_0195