Inicio da competición alevín en BM.7

Na mañá deste Sábado, o pavillón do CEIP Fogar acollía dous partidos da categoría alevín na modalidade de balonmán 7. Eran os dous primeiros partidos da tempada para o Xiria A e o Xiria B, neste caso, pertencentes á competición de Copa. Os xogadores do Xiria A, que se enfrontaban ao BM. Atlántico, eran os máis madrugadores e iniciarían o seu encontro ás 10:00h. O partido foi vibrante e os foráneos dominaron gran parte do evite apoiados nuns xogadores cunha notable reactividad e unha densa defensa. Os carballeses mostraron un bo nivel competitivo e unha ilusión desbordante ante o inicio da competición oficial. O resultado, 2-6 para os visitantes, premia o bo xogo dos coruñeses nun enfrontamento onde se viron accións de moito mérito por parte dos dous conxuntos.

Polo Xiria A xogaron:

Manuel Muñoz (2), Marcos Amarelle (4), Danie Bello (3), Brais, Manuel García, Martín, Hugo García (1), Álvaro García (1), Henrique, Eric Vázquez (8).

Pola súa banda e a continuación do primeiro envite, saían a escena o Xiria B e o Catering Imos Arteixo BM. Eran as 11:15h e as caras de ilusión, as mesmas que no anterior enfrontamento……..O primeiro partido oficial ía dar comezo. Neste encontro, o Xiria B mostrouse como dominador absoluto do mesmo, baseando o seu triunfo na velocidade ao contragolpe e a asociación colectiva en tarefas atacantes. A defensa dos de Carballo raio a gran nivel, do mesmo xeito que a súa portería. Todo en conxunto propiciou ese incontestable 8-0 co que se impuxeron ao seu rival.

Polo Xiria B xogaron:

Pablo (11), Lucas, Xurxo (8), Miguel (3), Alex Tato (p), Diego (1), Antón, Manuel Rey (7), Manuel Pérez, Maxi (1), Angel (2).