Intensa xornada para os equipos de Escolas Balonmán Xiria

O Calvo Xiria volve actuar de local este próximo Sábado e repetirá horario (20:00 h) no encontro que lle mide a un dos filiais de Asobal, o Luceros de Cangas. Os de Carballo tentarán conseguir os dous puntos en xogo e desa forma resarcirse do mal sabor de boca no pasado fin de semana, cando un punto escapábase cara a Vigo nos últimos instantes. Co obxectivo firme de puntuar de dous en dous para estar a pelexar polos postos máis ambiciosos, os verdinegros terán que mellorar no seu xogo para impoñerse a un rival de entidade e cun plantel novo de notable calidade.

En base, os infantís, cadetes e xuvenís de División de Honra, visitarán a cancha dun histórico, o Academia Octavio. Os partidos serán disputados e difíciles fronte a un club sempre referente na base.

Os infantís do Garaysa tentarán sumar outros dous novos puntos tal e como fixesen a pasada semana contra outro histórico, o Teucro de Pontevedra e colocarse en postos importantes da táboa. O encontro será o Domingo ás 10:00 h no frontón de As Travesas.

O conxunto cadete do Grupo Lemaco Xiria viaxa coa intención de gañar o seu primeiro partido de liga. O bo traballo semanal, ten que empezar a dar os seus froitos; a inexperiencia dos xogadores en división de honra notouse en demasía nas dúas primeiras xornadas; pero aos poucos veremos un equipo máis unido e compacto; baseando o seu xogo desde a defensa. O seu rival o Academia Octavio atópase na mesma situación; polo que será un partido complicado (Domingo 11:00h Frontón de As Travesas).

Os xuvenís do Laber Xiria pola súa banda, farán o propio e despois de caer pola mínima o pasado fin de semana en Pontevedra, tentarán conseguir a primeira vitoria (Domingo 10:00 h pista central pavillón As Travesas).

Polo bando feminino, as infantís de División De Honra viaxan a Lalín (Sábado 10:00h Lalín Arena), unha pista complicada, pero onde as rapazas do Punta Del Este, tentarán dar a boa imaxe de progresión que xa mostraran o fin de semana pasado.

As cadetes do Xiria viaxan a Santa Comba para disputar o seu primeiro encontro a domicilio na 2º división cadete feminina. Afronta un partido complicado pois o Bm. Xallas preséntase como un dos favoritos na competición. As de Carballo están a traballar duro durante a semana para asentarse nunha competición nova para elas e poder competir ata o final contra calquer rival.

Os infantís Marmolería J. Rey da segunda División, inician a súa competición na casa contra o Arteixo Telepizza (Sábado 10:30h pavillón Vila De Noia) ca ilusión de poder comenzar fortes na casa e sumar os primeiros puntos .