12/12/2004 1ª XORNADA
MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA: Noelia, Cristina ( 1 ), Berta ( 6 ), Mariana ( 2 ), Marta ( 1 ), Ana ( 2 ), Sheila ( 2 ) – equipo inicial – Olalla ( 1 ), Sara ( 3 ), Sara Morandeira, Carla, Gabriela.
ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Elisabeth, Andrea ( 3 ), Marta ( 4 ), Fátima ( 3 ), Laura ( 8 ), Alicia, Elena – equipo inicial – Ana, Tamara, Iglesias, Verónica, Raquel.
O equipo infantil feminino do Mármoles Gumersindo Xiria iniciou a sua andanza na liga provincial acadando un empate ante o Escola Municipal de Camariñas a 18 goles.
O desacerto no lanzamento de seis metros foi unha lousa demasiado pesada para o cadro carballés que ve desta maneira como se deixa un punto no obxetivo de acadar o campionato provincial.
Notouse o nerviosismo nos primeiros doce minutos ainda que pouco a pouco as rapazas do Xiria foron amosando as suas intencións de se facer co partido.
Mais non foron que de paran a xogadora rival Laura Rodríguez que superou en demasiadas ocasións as suas defensoras.
O máis positivo do encontro foi o empate que acadou cando restaban tres segundos para a finalización do encontro.
Mención a parte merece o impresentable arbitraxe do Sr. Adrián Braojos que se iniciou o encontro con vinte minutos de retraso e que non foi quen de controlar a ningún dos dous equipos nas faltas que fixeron, moitas delas merecedoras de sancións disciplinarias, e na cantidade de veces que permitiu que as xogadoras cometesen pasos sen sinalalos, facendo que se leven unha impresión errada do que ocorría dentro do campo.
O colexiado Sr. Adrián Braojos non puido cometer máis erros que vaian en contra da formación das xogadoras.