MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA 20 – Balonmano Narón 15

26/02/2005 6ª XORNADA

MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA: Sara, Berta ( 4 ), Sheila ( 4 ), Sara Fdez. ( 2 ), Mariana ( 6 ), Marta ( 1 ), Cristina ( 3 ) – equipo inicial – Noelia, Olalla, Carla, Gabriela.

BALONMANO NARÓN: Raquel, Alicia ( 2 ), Eva ( 6 ), Tamara ( 1 ), Sofía ( 6 ), Enma, Silvia– equipo inicial – Iris, Estefanía, Cristina, Sánchez, Berta, Olalla.

O Mármoles Gumersindo Xiria cerrou a sua participación na liga provincial cunha victoria ante o Bm. Narón por 20 goles a 15 ( 6 – 4, 9 – 7, 13 – 13, 20 – 15 ), quedando deste xeito na primeira posición da taboa clasificatoria.

Partido con moitos altibaixos das xogadoras carballesas que tiveron que esperar unha hora para iniciar o encontro e que en ningún momento estiveron cómodas na pista do Pavillón de Santa Icía. Non estiveron mal no plano defensivo, no que chegaron a defender durante máis de dous minutos seguidos sen que a colexiada amosase o sinal de pasivo.

Máis en ataque foi outra historia, cun equipo descoñecido que adicou a maior parte das suas posesións a realizar accións de un contra un, e só nos momentos nos que se viu apurado traballou en equipo como nos tiña acostumados, ainda que sempre foi superior ó seu rival.

A colexiada Sra. Andrada estivo mal.