MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA 23 – Balonmano Narón 09

16/04/2005 COPA 1ª XORNADA

MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA: Sara, Berta ( 3 ), Sheila ( 5 ), Sara Fdez. ( 1 ), Mariana ( 11 ), Marta, Cristina ( 3 ) – equipo inicial – Noelia, Olalla, Carla, Gabriela.

BALONMANO NARÓN: Raquel, Alicia ( 2 ), Eva ( 1 ), Tamara ( 2 ), Sofía ( 3 ), Enma, Silvia– equipo inicial – Iris ( 1 ), Estefanía, Cristina, Sánchez, Berta, Olalla.

O Mármoles Gumersindo Xiria comenzou a participación no torneo de Copa Infantil Feminina ante o B. Narón colleitando unha merecida victoria por 23 goles a 09. O resultado por cuartos foi: 8 – 4, 13 – 4, 17 – 5, 23 – 9.

Bo traballo das xogadoras carballesas que estiveron centradas nas tarefas defensivas e que so cometeron erros a hora de subir o contraataque entregando algún balón o rival que acabou en gol. Sen embargo en ataque cometeron demasiados fallos de lanzamento, aspectos, as perdas de balón e a finalización, que deberán mellorar de cara o Campionato Galego que se disputará en Silleda os vindeiros 13, 14 e 15 de Maio.

O rival so encontraba solucións en lanzamentos moi lonxanos que remataban en paradas da porteira local ou ben fora da portería, e ante esa impotencia o adestrador visitante, coma xa ocorrera no derradeiro partido de liga, adicouse a quentar o partido berrando ca colexiada, que estivo demasiado conservadora xa que nin lle “pediu” que se controlara nas suas prostestas, e falando cas xogadoras do Mármoles Gumersindo Xiria.

A colexiada Sra. Andrada sacou o partido adiante sen problemas ainda que estivo desatinada en fases puntuais do encontro.