MARMOLES GUMERSINDO XIRIA 29 – BM. NARÓN 22

22/1/2004 2ª XORNADA

MÁRMOLES GUMERSINDO XIRIA: Sara Morandeira, Sara Fernández ( 8 ), Berta ( 6 ), Mariana ( 9 ), Gabriela, Ana ( 1 ), Sheila ( 3 ) – equipo inicial – Olalla, Cristina ( 2 ), Noelia, Carla, Marta.

BM. NARÓN: Cristina, Silvia ( 3 ), Fonticoba ( 2 ), Eva ( 3 ), Alicia ( 7 ), Sofía ( 7 ), Tamara – equipo inicial – Iris, Raquel, Emma, Estefanía, Sánchez.

O equipo infantil feminino do Mármoles Gumersindo Xiria disputou a segunda xornada da liga provincial conseguindo unha victoria ante o Balonmán Narón por 29 a 22 ( por cuartos: 7 – 7, 4 – 5, 8 – 4, 10 – 6 ).

Non comezou o encontro centrado o cadro carballés que encaixou practicamente tódolos goles en lanzamentos exteriores e en contraataques froito de perdas de balón inexplicables.

Mais despois do descanso saíu con outra cara, asustando mellor a marcaxe as lanzadoras do equipo visitante e tendo moita fluidez no ataque que se reflectiu nos dezaoito goles marcados nos dous últimos cuartos.

O próximo compromiso será o día seis de Febreiro en Camariñas nun partido que se antolla clave para decidir o triunfo provincial.

Os colexiados Sra. Noelia Andrade e Sr. Diego Vázquez permitiron ós dous equipos accións que o regulamento castiga disciplinariamente en innumerables ocasións e esqueceron que para sacar de centro é necesario tocar o silbato.