Miguel Suárez-Pumariega súmase á pretempada do Calvo Xiria

O extremo Miguel Suárez-Pumariega Órtiz (Carballo 1994) incórporase á pretempada do Calvo Xiria. Xogador formado na canteira carballesa deixou o equipo hai catro anos debido aos seus estudos. Chegou a debutar co Calvo Xiria cando aínda era xuvenil. A pasada tempada estivo alonxado do balonmán e nas tres anteriores xogou na 1ª División Estatal no Bueu Atlético. Tátase de un veloz extremo que tamén pode actuar como central e que é un excelente defensor no avanzado.