MOVEXVIAL ATL. NOVÁS 26 – CALVO XIRIA 24

O Calvo Xiria foi derrotado 26-24 polo ruso Oleg Lvov e os colexiados Sres. Rodríguez e Sanjulián na abarrotada cancha do Atl. Novás.

Chegaba a hora de xogar na casa do líder e os de Javier Barrios non se arredaron realizando un partido espléndido amosando as súas cartas dende o inicio cun xogo dinámico utilizando as bazas precisas. No bando rival, e que ninguén se sinta ofendido, o plantexamento non era propio dun equipo de balonmán, non había mobilidade de balón, nin xogo colectivo nin tiña nada que tivese que ver con este deporte, as únicas consignas a seguir eran os lanzamentos de Tsybanev, que nos 35 minutos que estivo en pista lanzou en catorce ocasións, e que Lvov fixese o mesmo. ¿Onde estaba o equipo que gañou a pasada Liga amosando un xogo que era a cobiza da categoría? Con este panorama e un marcador igualado nos primeiros trinta minutos chegábase ó descanso 14-12.

No recomezo os carballeses viron clara a posibilidade da victoria saíndo con coraxe e intelixencia co mesmo espírito que na primeira metade e un pouco máis entoados, se cabe, en defensa. Foi neste período cando a xenialidade e mestría de Lvov mantivo vivos ós locais fabricando el só as ocasións da escuadra. Pero o mellor estaba por vir. A falla de 4 minutos cando o Calvo Xiria tiña o balón para consegui-lo empate, os árbitros, suponse que influídos polo público, advirten de xogo pasivo cando non transcorreran nin 15 segundos de ataque. Incrible. A maiores nos últimos 3 minutos deixaron de asubiar tres penaltis clamorosos que sacaron as cores mesmo ós locais. Especialmente sangrante foi o recibido por Jordi Escudero cando restaba menos de 2 minutos e foi empurrado polas costas na culminación dun contraataque.

Moi poucos peros se lle poden pór á actuación dos homes do Xiria que o deron todo e que traerían dous puntos de non ser pola actuación arbitral.

A nota desgraciada púxoa o bravo capitán carballés Martín que mediada a segunda parte fracturaba el só e practicamente parado o quinto metatarso do pé esquerdo. Será baixa para os próximos dous meses.

Aliñacións
Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 2 ), Fernando ( 4 ), Quique ( 1 ), Jordi ( 8 ), Martín ( 5 ) e Suso ( ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( ), Javi Zas ( 1 ), Pablo ( ), Alberto ( ), Tom ( ) e Ofi ( 3 ).

Polo Movexvial Atl. Novás: Esteban, Ramón ( 1 ), Pousa ( 1 ), Lvov ( 12 ), Parente ( 3 ), Pombal ( ) e Tsybanev ( 5 ) – equipo inicial – Diego, Beni ( 1 ), Coello ( 1 ), Pablo ( 1 ) e Germán ( 1 ).

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.10.06

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 10 – JORNADA 10
Partido 06 – PARTIDO 06
Fecha 30-11-2002
Hora 18:30
Resultado 26 – 24
Arbitros 2108 GERARDO RODRIGUEZ ALVAREZ
2114 ANTONIO SANJULIAN COUSO