Nova dobre vitoria dos alevíns en BM.7

Os dous equipos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, de novo volveron impoñerse nos seus respectivos encontros de onte Sábado. Mentres o Xiria A facíao con marcadores axustados no seu enfrontamento ante o BM. Xallas, o Xiria B conseguía os puntos con solvencia mostrándose moi superior en Mesoiro ao BM.Liña 21.

O Xiria A e o BM. Xallas, abrían a xélida mañá no pavillón do CEIP Fogar. Os de Carballo iniciaron con gran autoridade o encontro e impuxéronse sen problemas aos veciños de Santa Comba por un parcial de 9-6 no primeiro cuarto. O segundo e terceiro cuarto, moito máis igualados, resultaron caer ao lado do equipo local polo mesmo resultado (7-6). Dous cuartos tremendamente disputados e con altenativas, nos que os ataques e nalgún caso concreto a diferenza antropométrica sería definitiva para o devir dos mesmos. No definitivo tempo, as cousas non variaron en absoluto, pero neste caso, a vitoria caería ao lado visitante ao marcar un gol sobre a bucina que lles daba o 7-8 final.

1º cuarto: 9-6   2º cuarto: 7-6   3º cuarto: 7-6   4º cuarto: 7-8

Xiria A: Henrique (8), Brais, Álvaro (2), Manuel García (1), Erik (8), Marcos Amarelle (2), Manuel Múñoz (1), Daniel Bello (3), Hugo García (5), Martín Cousillas.

No outro partido da mañá, o Xiria B viaxaba ao pavillón de Novo Mesoiro para enfentarse ao BM. Liña 21. O encontro, que deu comezo ás 13:00 h, caeu cara ao lado dos de Xiria de forma folgada, xa que os de Carballo dominaron o xogo con autoridade, baseándose nunha ferrea defensa e apoiándose na súa velocidade ao contragolpe.

1º cuarto: 3-9   2º cuarto: 1-7   3º cuarto: 4-10   4º cuarto: 0-11

Xiria B: Manuel Pérez (5), Manuel Rey (9), Miguel Cambón (1), Antón Pardiñas, Pablo Veiga (9), Maxi Díaz (5), Lucas Amado, Diego Barbeira, Xurxo Fraga (7), Alex Tato (p), Ángel Villar (2).

Enlace para ver o enconttro Xiria B – BM. Línea 21 en Novo Mesoiro: