Nova vitoria do Punta del Este

O pasado enfrontábase o Punta del Este Xiria co Club Polideportivo Lucense nun partido da Copa Norte.

O equipo local ía a procurar interceptar balóns mediante a anticipación ou roubo o bote, pois e unha das tarefas defensivas que máis lles costa as nosas xogadoras. A partir de ahí procurábase correr e xogar rápido. Con estas premisas as xogadoras do Punta del Este foron distanciándose pouco a pouco no marcador.

Outra das cousas que buscou o equipo local foi rotar as xogadoras todo o posible, mesmo en posicións nas cales non acostuman a xogar. Esta labor fíxose máis fácil ao contar coas duas alevíns que se convocaron para a Copa. O resultado no partido é o de menos, pois a diferenza a día de hoxe entre os dous equipos é moi grande.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 36 (16+20) Elena Collazo [p], Valeria, Nerea Varela, Alba García, Nina Pereira, Lara Otero, Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas, Catalina de Magalhaes, Lara Souto.

C.DEPORTIVO LUCENSE 4 (2+2) Carlota, Claudia, Noelia, Iria, Antía, Raquel, Alicia, Adriana, Maria, Alba