Novas Base 2003/2004

26/01/2004

En categoría xuvenil o Asesoría Sueiro Xiria, tralo éxito ó proclamarse campión da Fase Territorial, comeza a Fase Galega da Liga enfrontándose, este Sábado, ó Magope Seis do Nadal, o partido comezará ás 16:30 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Para este encontro o adestrador carballés Marcos Rodríguez contará coas baixas, por diversos motivos, de Carlos e Cuco. Nesta Fase Galega da Liga Xuvenil participan, ademais do Asesoría Sueiro Xiria, o Magope Seis do Nadal, Balonmano Cangas “Aes”, Balonmano Lalín, S.D. Octavio Vigo e Esc. Mpal de Camariñas.

Na Liga Cadete, disputouse o pasado Xoves o encontro que enfrontaba o Garaysa Xiria e o Dep. Cimáns OAR “B” co resultado de 27-17 a prol dos rapaces de Fernando Vázquez, o que fai que se manteñan na terceira posición da clasificación. O Ifecgas Pereira Xiria renderá na mañá do Domingo visita á pista ferrolán do Tirso de Molina. Agardase unha nova victoria dos de Martín Cotelo para continuar comandando a táboa clasificatoria en solitario.

En categoría infantil, o Procasa Xiria xogará na matinal do Sábado en A Coruña o seu encontro pertencente á 5ª xornada da Liga Infantil fronte o cadro coruñés do Balonmanópolis. Será moi importante para os rapaces que prepara Fernando Vázquez sumar ó máximo de puntos posibles dos 8 que hai en xogo en cada partido trala perdida inesperada de 3 puntos nas primeiras xornadas.

23/01/2004

Na Liga Cadete, o líder invicto da categoría, Ifecgas Pereira Xiria recibe no Paviilón da Zona Escolar de Carballo, Sábado 10:30 h, ó C.B. Tecnovídeo Pontedeume que tralos tropezos da pasada xornada do Garaysa Xiria e do Camariñas conseguiu colocarse na cuarta praza da clasificación igualado a puntos co Garaysa. Deberán acadar unha nova victoria os rapaces de Martín Cotelo para continuar coma líderes en solitario e seguir abrindo brecha cos seus perseguidores. O Garaysa Xiria viaxará ata A Coruña, Domingo 10:15 h no Pavillón S. Francisco. Javier, para medirse ó Dep. Cimáns OAR “A”, segundo clasificado e gran favorito para o título xunto co Ifecgas Pereira. Unha victoria dos de Fernando Vázquez colocaríaos nunha moi boa situación para meterse na loita polo título galego.

En categoría infantil o Procasa Xiria desprazase de novo a A Coruña para enfrontarse ó C.B. Sada, Sábado 11:45 h no Pavillón da Sardiñeira. Os carballeses tralos dous trunfos acadados nas dúas primeiras xornadas intentarán seguir coa súa racha victoriosa.

19/01/2004

O Asesoría Sueiro Xiria proclamouse campión da Liga Territorial tras derrotar ó Esc. Mpal. de Camariñas por 26-23 no derradeiro partido da competición. Tanto carballeses coma camariñáns xogarán pola Liga Galega con 4 equipos da zona sur.

16/01/2004

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria enfróntanse este Sábado, a partires das 17:00 h no Pavillón Bergantiños, ó Esc. Mpal. de Camariñas na derradeira xornada da Liga Territorial Xuvenil. Os dous equipos están xa clasificados para o Sector Galego e xogaranse o título da Fase Territorial neste encontro. Para ser campións os homes de Marcos Rodríguez deberán superar ós Camariñáns por unha diferencia de dous ou mais goles.

Na Liga Cadete enfrontáronse o pasado Xoves os dous equipos da A.D. Xiria, en partido pertencente á 7ª xornada, con victoria final para os cadetes de segundo ano do Ifecgas Pereira Xiria por un marcador de 18-30, aumentando así as diferencias cos seus rivais na clasificación. Namentres os cadetes de primeiro ano do Garaysa Xiria seguen terceiros na táboa a expensas do que aconteza este fin de semana no partido entre ó Dep. Cimáns O.A.R. “A” e a Esc. Mpal. de Camariñas.

En categoría infantil, os rapaces do Procasa Xiria desprazaranse a A Coruña para medirse a La Cubela en partido pertencente á 3ª xornada do Campionato Infantil Masculino de A Coruña. O encontro comezará ás 11:00 h no Pavillón da Sardiñeira.

13/01/2004

O vindeiro Xoves, 15 de Xaneiro ás 19:15h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, disputarase o encontro pertencente á 7ª Xornada da Liga Galega Cadete que enfrontará ós dous conxuntos da A.D. Xiria, Ifecgas Pereira Xiria e Garaysa Xiria, co liderato da clasificación en xogo xa que marchan primeiro e segundo respectivamente na táboa clasificatoria.

13/01/2004

O vindeiro Xoves, 15 de Xaneiro ás 19:15h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, disputarase o encontro pertencente á 7ª Xornada da Liga Galega Cadete que enfrontará ós dous conxuntos da A.D. Xiria, Ifecgas Pereira Xiria e Garaysa Xiria, co liderato da clasificación en xogo xa que marchan primeiro e segundo respectivamente na táboa clasificatoria.

08/01/2004

Coa expedición do Calvo Xiria a Avilés viaxarán os rapaces do Asesoría Sueiro Xiria de categoría xuvenil para disputar un encontro amigable en Avilés, ademais das rapazas infantís e cadetes que tamén disputarán encontros amigables en Oviedo.

Por outra banda, este fin de semana tamén regresa a competición cadete. O Ifecgas Pereira Xiria recibe, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo o Sábado ás 10:30 h, ó Esc. Mpal. de Camariñas, nun encontro clave para os Carballeses para mante-la primeira posición e poñer terra de por medio cos seus perseguidores. O Garaysa Xiria desprazase a Oleiros, Pavillón Valle Inclán Sábado 12:00 h, para enfrontarse ó Tumosa Oleiros, nun partido que deberán gañar os de Carballo para continuar nos postos altos da clasificación.

08/01/2004

Os xogadores de categoría xuvenil da A.D. Xiria Enrique Guerra e Carlos García foron pezas fundamentais para que a Selección Galega se proclamase subcampiona da Copa de España de Seleccións Territoriais. Os galegos que remataron primeiros do seu grupo sen coñece-la derrota caeron na final, cunha discutida actuación arbitral, perante Euskadi por 23-21. Os resultados foron os seguintes:

PRIMEIRA FASE GRUPO II FINAL
Extremadura 23 – Galicia 31 Euskadi 23 – Galicia 21
Galicia 22 – Navarra 21
Ceuta 16 – Galicia 33
Galicia 34 – Aragón 20
A Selección Galega Cadete, na que participaban os xogadores da A.D Xiria Iván Pedreira, Cristophe Castro e Joaquín de las Heras, tivo unha discreta actuación no Campionato de España de Seleccións Territoriais ó rematar no derradeiro posto da clasificación sen coñece-la victoria.

PRIMEIRA FASE GRUPO II POSTOS 7º – 8º
Cataluña 41 – Galicia 22 Navarra 33 – Galicia 32
Galicia 33 – Euskadi 38
Madrid 31 – Galicia 27
28/12/2003

A xove promesa do balonmán carballés e gran estrela das categorías base do A.D. Xiria José Luís Guillín e a cantante catalana Beth anunciaron a última hora da pasada tarde o seu compromiso matrimonial. Esto fará que Guillín teña que deixa-lo noso clube, que lle dará a carta de liberdade para que poida fichar no F.C. Barcelona, ó trasladar a súa residencia á cidade condal. O cadro catalán xa mostrou ó seu interés polo porteiro e posiblemente o damnificado sexa David Barrufet que está a ter un moi baixo rendimento esta campaña. Durante o anuncio do compromiso e ante as preguntas dos periódistas o carballés destacou da súa futura esposa o seu pelo e ornamentos “As rastas e os piercings poñenme mogollón” foron as palabras exactas de Guillín, namentres que a súa namorada destacou de él sobre todo a súa mirada felina. O seu adestrador ata agora, Fernando Vázquez, que está moi sentido pola súa marcha, destacou do seu xogador sobre todo a axilidade e os reflexos na portería así coma a súa capacidade de liderazgo. Dende aquí desexamoslle moitas feliciades toda a familia xirística.

19/12/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria viaxan ó Sábado a Pontedeume para medirse ó C.B. Technovideo Pontedeume en partido pertencente á penultima xornada da Liga Xuvenil. Os pupilos de Marcos Rodríguez deberán conseguir unha nova victoria para xogarse ó titulo coas Esc. Mpal de Camariñas na derradeira xornada. O encontro dará comezo as 16:30h.

Os cadetes do Ifecgas Pereira Xiria desprazaranse na matinal do Domingo a A Coruña para enfrontarse ó Dep Cimans O.A.R. “B” en partido pertencente á 4ª Xornada da Liga Cadete e que comezará ás 10:30h. Os carballeses, líderes da clasificación e invictos na competición, son claros favoritos para levarse os dous puntos.

Os cadetes do Garaysa Xiria enfontanse ó Esc.Dep. Burela en partido que se disputará o Sábado a partir das 12:00h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo. Non debería ter ningún problema os homes de Fernando Vázque para levarse a victoria.

16/12/2003 CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA

O Seleccionador Xuvenil Masculino, Ramón Pazos convocou para a Copa de España de Seleccións Territoriais, a celebrar do 2 ó 6 de xaneiro de 2004 en Madrid, ós seguintes xogadores:

CLUB

XOGADORES

A.D. Xiria Carlos García e Enrique Guerra
S.D. Teucro Adrián Boullosa, José Dozo e Borja Barco
Bm. Lalín Alexandre Dacosta e Miguel Porto
A. Octavio Xosé Canedo
Atl. Novás Alexander Tsivanev
Atl. Guardés Iago Alonso
Bm. Chapela Rubén Rodríguez e Edgar Álvarez
Bm. Cisne Jorge Panero
Ferrolterra Adrián Santiago
Bm. Cangas David Villar e Manuel Iglesias
16/12/2003 CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA

O Seleccionador Cadete Masculino, Andrés Martínez convocou para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, a celebrar do 2 ó 6 de xaneiro de 2004 en Madrid, ós seguintes xogadores:

CLUB

XOGADORES

A.D. Xiria Iván Pedreira, Cristophe Castro e Joaquín de las Heras
Bm. Lalín Borja Fernández, Alberto Mouriño e Nicolás Crespo
Bm. Cangas Serafín Pousada e José A. Figueroa
Bm. Lavadores Aarón Fernández
Atl. Novás Samuel Tsivanev e Manuel Martínez
O.A.R. Coruña Adrián López
Rasoeiro Pablo Quintáns
Bm. Cisne Pablo Galiano
A. Octavio Javier Otero e Pablo Martínez
12/12/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria enfrontanse, o Domingo a partires das 12:00 h no Pavillón Bergantiños, ó Tirso de Molina, terceiro clasificado, nun partido clave para os pupilos de Marcos Rodríguez para mante-la segunda posición na táboa clasificatoria e non perde-la estela do líder Camariñas.

O Ifecgas Pereira Xiria de categoría cadete enfrontase, o Sábado ás 12:00 h no Pavillón da Zona Escolar, ó Dep. Cimáns O.A.R. «A» nun complicado partido para os de Martín Cotelo xa que os dous conxuntos marchan invictos ó fronte da clasificación.

Os cadetes do Garaysa Xiria enfrontanse ó Tirso de Molina, Domingo ás 10:15 h no Pavillón Bergantiños. Os xogadores que prepara Fernando Vázquez deberán conseguir outra nova victoria para non descolgarse dos postos altos da clasificación.

06/12/2003

O Asesoría Sueiro Xiria conqueriu dous novos puntos na saída que o sábado o levou a Ferrol.

O que se presumía coma unha incómoda visita a unha cancha que non é do agrado do cadro carballés convertiuse a partir do minuto dez da primeira parte nun partido de trámite no que non se notaron as dúas semanas que leva sin competir o conxunto do Xiria.

En vintacinco minutos o equipo departamental so foi quen de marcar dous goles mentres o conxunto do Xiria limitouse a facer rápidas transicións nas que só faltou unha maior efectividade no lanzamento.

Os segundos trinta minutos foron un mero trámite no que os dous equipos seguiron na mesma tónica, cunha maior relaxación por parte do cadro do Asesoría Sueiro, que propiciou xunto cos lanzamentos fallados que o marcador non fose de verdadeiro escándalo.

Aliñac ións

– Polo Balonmán Ferrolterra: Sergio, Diego, Pablo, Juan ( 1 ), Adrian ( 4 ), Eloy ( 6 ), Dopico – Equipo inicial – Piñeiro, José, Daniel, Menéndez, Toimil, Braojos ( 1 ), Javier.

– Polo Asesoría Sueiro Xiria: Enrique, Cuco ( 1 ), Fernando ( 8 ), Dubra ( 4 ), Queco, Carlos ( 4 ), Pablo ( 7 ) – equipo inicial – Miguel, Roger ( 2 ), Bruno, Hugo, Chimpo ( 4 ), Alejandro , Alberto.

Marcador cada 5 minutos

2-2 / 3-5 / 3-7 / 4-9 / 4-11 / 4-14 / 5-17 / 7-21 / 9-22 / 11-25 / 11-27 / 12-30

O colexiado Sr. Castro Rivera tivo unha boa actuación.

05/12/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria xogarán ó Sábado ás 12:00 h en Ferrol fronte ó Bm. Ferrolterra o partido aprazado pola concentración da Selección Galega correspondente á 6ª de liga.

30/11/2003

O encontro que enfrontaba ó Asesoría Sueiro Xiria e ó Balomán Viveiro non poido disputarse debido á incomparecencia do cadro visitante.

28/11/2003

Seguindo coa súa política de fomento da canteira e dos equipos de base, a A.D. Xiria desprazará tamén a Cantabria a tres conxuntos das categorías base para medirse a equipos cántabros. Neste caso viaxarán as rapazas do equipo cadete feminino Punta del Este Xiria, do infaltil feminino Mármoles Gumersindo Xiria e os rapaces do infantil masculino do Procasa Xiria, que se enfrontarán ós conxuntos cántabos do Bm. Colindres e os Salesianos de Santander.

27/11/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria enfrontaranse o sábado, a partir das 16:30 h no Pavillón do Bergantiños, ó Bm. Viveiro en encontro pertencente á 6ª xornada da Liga Xuvenil. Tralo parón da pasada xornada motivado pola concentración da Selección Galega os xogadores de Marcos Rodríguez esperan colleitar unha nova victoria para non perde-la estela do Camariñas na clasificación. O adestrador carballés poderá contar con tódoles seus efectivos.

Ós que lle toca descansar esta semana son os cadetes, tanto do Ifecgas Pereira Xiria coma do Garaysa Xiria, por mor da convocatoria de Iván, Cristophe e Joaquín coa Selección Galega.

21/11/2003

Ó Asesoría Sueiro Xiria de categoría xuvenil non disputará esta semana o encontro que o enfrontaba ó Bm. Ferrolterra debido ó aprazamento provocado polos compromisos da Selección Galega Xuvenil, da que formarán parte os carballeses Enrique Guerra e Carlos García.

Na competición cadete, o Garaysa Xiria recibirá ó Balonmán Viveiro namentres que o Ifecgas Pereira Xiria desprazarase a Oleiros para medirse ó Tumosa Oleiros, ambos encontros pertencentes á 2ª xornada da Liga Cadete.

Destacar tamén que a vindeira semana tamén se producirá un parón na competición cadete por mor da concentración da Selección Galega Cadete na que estarán representando ó noso club Iván Pedreira, Cristophe castro e Joaquín de las Heras.

Reseñar ademais que este fin de semana comeza a competición das Escolas de Balonmán Caixanova no Pavillón da Zona Escolar, na que durante dúas horas os rapaces de categoría benxamín e alevín disfrutarán amosando todo o que aprenderon durante o último mes de adestrementos.

21/11/2003

Os xogadores do Asesoría Sueiro Xiria Carlos García e Enrique Guerra foron convocados para a concentración que efectuará este fin de semana a Selección Galega Xuvenil.

Os xogadores do Ifecgas Pereira Xiria Iván Pedreira e Cristophe Castro, así como Joaquín de las Heras do Garaysa Xiria foron convocados para a concetración que realizará a vindeira fin de semana a Selección Galega Cadete.

15/11/2003

Os xuveniles do Asesoría Sueiro Xiria desprazaranse este Sábado a Camariñas, onde se enfrontarán, a partir das 12:00 h, ó Esc. Mpal. de Camariñas nun encontro decisivo para o título, xa que o equipo que salga con vantaxe deste enfrontamento terá moitas papeletas para facerse con esta liga. Marcos Rodríguez terá á súa disposición a tódolos seus efectivos.

Tamén esta fin de semana entran en liza os dous equipos cadete masculino da A.D. Xiria para disputa-la Fase Zonal do Campionato Galego.

No mesmo escenarioque os xuvenís, en Camariñas pero ás 10:30 h, farán o seu debut na Liga Cadete os xogadores do Garaysa Xiria que prepara Fernando Vázquez.

Namentres que o outro equipo cadete, o Ifecgas Pereira Xiria, adestrado por Martín Cotelo, debutará o Sábado ás 11:00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo fronte ó Esc. Dep. Burela.

O obxectivo principal dos dous equipos cadetes, tanto do Ifecgas Pereira Xiria coma do Garaysa Xiria, será ocupar, cada un deles, unha das tres primeiras prazas da competición que son as que dan dereito a disputa-la fase final do Campionato Galego.

10/11/2003

Levaronse a victoria os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria que derrotaron, nun partido sin moita historia dada a superioridade carballesa, ó Bm. Technovídeo Pontedeume por un contundente 42-4. Os de Marcos Rodríguez consiguen así a sua cuarta victoria noutras tantas xornadas e continúan unha xornada mais no alto da clasificación.

07/11/2003

No Pavillón Municipal Zona Escolar, ás 16:30 h do Sábado 8 de Novembro, dará comezo o encontro que disputarán os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria fronte ó C.B. Technovídeo Pontedeume pertencenta á 4ª xornada da Fase Territorial da Liga Xuvenil. Os homes de Marcos Rodríguez agardan suma-la súa cuarta victoria na competición, en espera da vindeira xornada na que rendirán visita ó outro gran favorito para o título e que tamén está invicto en liga, o Escola Mpal. de Camariñas. A convocatoria do adestrador carballés Marcos Rodríguez dependerá da convocatoria do équipo sénior que conta con varias baixas.

05/11/2003

Terceira victoria do Asesoría Sueiro Xiria, desta volta perante ó Tirso de Molina ferrolán. O marcador foi de 23-30 a prol dos de Carballo.

31/10/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria xogarán mañá sábado, 1 de Novembro, ás 11:00 h en Ferrol onde se enfrontarán ó Tirso de Molina en partido correspondente á 3ª xornada da Fase Territorial. Agardase que os pupilos de Marcos Rodríguez volten a Carballo cos dous puntos no peto e continúen así coa súa racha triunfal, acadando a 3ª victoria noutras tantas xornadas. Unha vez recuperado da súa lesión Gonzalo, o adestrador carballés poderá contar de novo con todo o seu plantel de xogadores.

30/10/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria xogarán mañá sábado, 1 de Novembro, ás 11:00 h en Ferrol onde se enfrontarán ó Tirso de Molina en partido correspondente á 3ª xornada da Fase Territorial. Agardase que os pupilos de Marcos Rodríguez volten a Carballo cos dous puntos no peto e continúen así coa súa racha triunfal, acadando a 3ª victoria noutras tantas xornadas. Unha vez recuperado da súa lesión Gonzalo, o adestrador carballés poderá contar de novo con todo o seu plantel de xogadores.

27/10/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria sumaron a súa segunda victoria noutras tantas xornadas de liga ó derrotar a domicilio ó Bm.Viveiro por un contundente 4-48.

Tamén os cadetes do Garysa Xiria derrotaron a domicilio ó Bm.Viveiro nun encontro amigable por 12-18.

23/10/2003

Os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria desprazanse, este Sábado 25 de Outubro, á Viveiro para disputa-la segunda xornada da Fase Territorial que os enfrontará ó Bm. Viveiro. O partido disputarase no Pavillón do Instituto de Viveiro ás 18:30 h. Marcos Rodríguez poderá contar con tódolos seus efectivos coa dúbida da convocatoria de Dubra polo equipo sénior.

23/10/2003

Tamén se desprazarán a Viveiro os cadetes do Garaysa Xiria para xogar un encontro amigable para continua-la súa preparación de cara o inicio de liga.

21/10/2003

O vindeiro Venres, 24 de Outubro, terá lugar a pesentación das Escolas de Balonmán CAIXANOVA. O acto desenrolarase no Concello de Carballo ás 12:00 h.

 

21/10/2003 ESCOLAS DE BALONMÁN CAIXANOVA

Co patrocinio de CAIXANOVA, EMBALAJES Y AISLAMIENTOS SAN JUAN, a colaboración do CONCELLO DE CARBALLO e do PATRONATO DEPORTIVO MUNICIPAL comezaron a funcionar nos Colexios de Educación Primaria carballeses do Fogar, Bergantiños, Nétoma-Razo, Canosa-Rus e A Cristina as «Escolas de balonmán Caixanova».

Para participar o único requisito é estar matriculado nun dos colexios participantes nos cursos 3º-4º (categoría benxamín) ou 5º-6º (categoría alevín) de Primaria e entregar unha fotografía tamaño carnet. A actividade desenrolarase no centro escolar, excepto os participantes do Fogar que por motivos de obras no colexio deberán acudir ó Pavillón da Zona Escolar.

Toda a información que desexen está á súa disposición nas A.P.A.s dos colexios participantes e no Pavillón da Zona Escolar de Luns a Venres en horario de 17:30 h a 21:00 h. A duración da actividade é de Outubro de 2003 a Xuño de 2004. Levarase a cabo unha competición comarcal a partir do mes de Xaneiro na que intervirán tamén colexios dos Concellos de A Laracha e Malpica. A actividade ten caracter gratuíto.

Para aqueles nenos que non se encontren matriculados en ningún dos centros participantes no proxecto teñen a porta aberta á práctica do balonmán a través dos equipos da A.D. Xiria.

17/10/2003

Esta fin de semana comeza a liga para os xuvenís do Asesoría Sueiro Xiria. O Pavillón do Bergantiños será escenario o Sábado 18 ás 18:30 h do encontro fronte ó Bm. Ferrolterra. Os pupilos de Marcos Rodríguez parten como claros favoritos para esta liga Territorial Norte, sendo a Liga Galega e o acceso ó Campionato de España os obxectivos primordiais para esta campaña.

Os homes cos que contará Marcos Rodríguez son: Quique, Miguel, Fernando, Queco, Gonzalo, Pablo, Chimpo, Carlos, Cuco, Hugo, Roger, Dubra, Bruno, Álex e Alberto.

17/10/2003

Os cadetes do Ifecgas Perira Xiria desprazanse esta fin de semana co primeiro equipo a León, donde xogará o Domingo 19 un encontro amigable para prepara-la liga que se aveciña.