Nove xogadores de Escolas Balonmán Xiria na selección coruñesa, que xoga este Venres o Campionato de Seleccións Provinciais

Este venres día 1 de Maio celébrase, no Pavillón Lalín Arena, o Campionato de Seleccións Provinciais, un torneo onde se enfrontarán entre si as seleccións das catro provincias galegas, que levan meses confeccionando os seus equipos cos mellores xogadores de cada provincia.

Nove rapaces de diferentes equipos de Escolas Balonmán Xiria participarán neste campionato defendendo a camisola de A Coruña.

Na categoría alevín están convocados Juanma Fajardo e Andrés García, do Ifecgas Pereira Xiria, tamén Julián García, do LK Xiria. Os tres son alevíns de primeiro ano.

Na categoría infantil, 6 xogadores forman parte da lista definitiva: Juan Pereira e Mario Cancela, alevíns de 2º ano e xogadores do Ifecgas Pereira Xiria. Alex Gómez, Iker Martínez, Iago Rincón e Diego Lema, todos infantís de 1º ano e xogadores do Garaysa Xiria.

Parabéns a todos eles polo traballo feito, que lles serviu para acadar esta bonita oportunidade de competir, con e contra, os mellores xogadores de toda Galicia. Moita sorte a todos eles.

Horarios:

11:00h – A Coruña – Pontevedra (Infantil)

12:00h – A Coruña – Pontevedra (Alevín)

14:00h – A Coruña – Ourense (Infantil)

15:00 – A Coruña – Ourense (Alevín)

17:00 – Lugo – A Coruña (Infantil)

18:00 – Lugo – A Coruña (Alevín)

Para máis información sobre o Campionato:

http://www.fgbalonman.com/upload/DOSSIER%20XII%20CPTO.%20SELECC.%20PROVINCIAIS%20-%202015.pdf