O baixo nivel defensivo condena ao Garaysa Xiria

Na visita a Pontevedra deste fin de semana e ante un dos rivais polo título de Copa Federación; o Garaysa Xiria completaba un dos peores partidos da tempada na parcela defensiva e saía derrotado xustamente por un Teucro que soubo xogar ben as súas bazas.

Ao comezo do choque, os carballeses mandaban no xogo e no resultado; o partido parecía porse de cara, grazas a uns primeiros instantes de alta efectividade no lanzamento e roubando balóns que permitían distanciarse ata os cincos goles de vantaxe. A partir de aí, o equipo desconectaba defensivamente; os locais, conseguían penetrar ata os 6 metros; facendo moito dano calquera dos seus dous laterais e xogar en zonas máis perigosas para conectar ben co pivote; aos poucos o partido foise igualando ata chegar ao descanso 13 a 13.
Na continuación, habería que cambiar de actitude se se quería conseguir os dous puntos; pero nos primeiros 5 minutos un parcial de 6 a 2 para os locais; non auguraba nada bo. Un cambio de sistema defensivo permitiu reducir a diferenza ata os dous goles; pero o Teucro ben asentado no partido; non permitiu a remontada e así os puntos quedarían en Pontevedra cun resultado final de 32 a 28 e un parcial de 19 a 15 na segunda parte; que denota a falta de intensidade e actitude defensiva.

A seguinte xornada, o Garaysa Xiria enfrontarase ao Bm Chapela, en Redondela.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Multiusos da Xunqueira ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Ángel Villar Corrales do colexio galego. Excluíu, por parte local a Sergio Blond; namentres polo Garaysa Xiria foi excluído Carlos Varela.

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 5-9, 6-11, 10-11, 13-13, descanso, 19-15, 22-19, 25-22, 28-26, 32-28.

S.D. TEUCRO 32 ( 13 + 19 ): David Chan (5), Diego Leal (6), Marlon Barco (7), Lois García, Juan Castro (3), Esteban Carballido (2), Sergio Blond (2), Álvaro Castro (4), Enrique Fernández, Sergio Blanco (3), Mario Elías Branco, Adrián Torres, Óscar Paredes, Sergio Cortizo, Miguel Monteagudo.

GARAYSA XIRIA 28 ( 13 + 15 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (8), Daniel Mallo (8), Fernando Mallo (4), Diego Antelo (2), Julián García (2), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Álex Puñal.