O Balonmán Lalín impón o seu potencial diante do Laber Xiria

Balonmán Lalín  38 Laber Xiria 30 – (19-14)

O Laber Xiria afrontaba o difícil compromiso de visitar ao líder da categoría e equipo de maior potencial, pero non lle tremía o pulso e xogoulle de cara ao Lalín.

As baixas de Santi e Fran no centro da defensa, xogadores de maior envergadura que dan ao Xiria consistencia na defensa 6:0, tiñan que ser suplidas por Pedro e Roi, que non se encolleron diante dunha das mellores primeiras liñas da competición, o equipo demostrou nas Terras do Deza que pode acadar con excelente nivel os dous meses de competición restantes.

Quizá de non ser polas excesivas perdas de balóns, que propiciaban as rápidas contras do rival, e por non definir nos lanzamentos dende o extremo, o Lalín houbese tido un encontro máis complicado, a pesar que o Laber dou guerra durante os 60 minutos, non deixando relaxar ao contrario.

Finalizaba o encontro con ese 38 a 30, para os locais.

Balonmán Lalín 38 (19): Pacheco Steinummor (porteiro) Antón Cean, Juan Lago, Miguel González 1, Brais González 15, Simón Peña, José Rodríguez 5, Alberte Payo 7, Roi Sierra 7, Cristian Varela , Javier Iglesias , Isaac Couso 1, Brais Lalín, Pablo González, Carlos Cangaos 2

Laber Xiria 30 (14): Samuel Castiñeiras (porteiro) Andrés Urbieta 4, Manuel Sánchez, Andrés Vila 12, Pablo Cambón, Roi Alfeirán 1, Alejandro Gómez 9, Brais Vila 1, Iker Martínez 1, Iago Rincón, Dani Trigo  e Pedro Pereira 2.

Marcador cada 5 min: 4-3/ 7-6 / 11-7/ 14-10/ 15-12/ 19-14/ 23-17/ 27-21/ 32-23/ 33-27/ 35-28/ 38-30/

Arbitraron: Henrique Folgoso e Pablo Torreiro, sen complicacións