O bo xogo do Grupo Lemaco dálle a vitoria en Cangas

Balonmán Luceros 24 – Grupo Lemaco Xiria 30  (11-21)

Trinta primeiros minutos de magnífico xogo, foron suficiente para que o Grupo Lemaco dobregase e arrollase ao Luceros no Pavillón de O Gatañal.

Recuperaba para este partido o Xiria a Pedro Pereira logo dunha ausencia prolongada por lesión, as gañas que puxo o capitán ausente dende o final da primeira volta da Liga, contaxiou aos seus compañeiros que non daban aire ao seu rival dende o comezo do encontro, con intensidade defensiva e boas combinacións de ataque ante o 5:1 defensivo do rival, tiñan gañas de facer un bo partido, e por momentos todo lle saía ao Xiria.

O 11 a 21 da primeira metade, fixo que os dous equipos baixasen a intensidade ante a diferenza no marcador, e por veces a concentración, a pesar deso o Xiria seguía a dominar o partido, ata a falla de 10 minutos onde cedía un pouco, axustándose o marcador. Cerraba o encontro o Grupo Lemaco con ese 24 a 30, dous puntos que lle farán loitar na derradeira xornada en Carballo diante do Teucro pola sexta

Balonmán Luceros 24 (11): Javier Fernández e José Cerqueiro (porteiros) , Adrián Budiño 1, Hugo Alonso, Brais Cordeiro 8, Adrián Gómez, Iker Piñeiro 3, David Pousada 1, Javier Fernández, Diego Pousada, Gonzalo Piñeiro 2, Adrián Bernardez 1, Pablo Giraldez 3, Sergio Piñeiro 1, Mario Rivas 3, Iago Fonseca 2 e Eric Bermúdez 1.

Grupo Lemaco Xiria 30 (21): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 8, Pedro Pereira 9, Iago Rincón 4, Renzo Díaz, Franco Rial 3, Brais Vila 4, Mario Rincón 1, Andrés Urbieta , Manuel Varela e Diego Rodríguez

Marcador cada 5 min: 0-4 / 2-8 / 4-10 / 8-14/ 10-16 / 11-21/ 13-25 / 15-27 / 18-27/ 18-27/ 22-28/ 24-30

Arbitraron: Abel Juncal e Julio Villanueva, ben, sen complicacións, excluíron a Iker Piñeiro polo Luceros e a Alex Gómez polo Xiria.