O Calvo Xiria derrota ao Lalinense e disputará a súa terceira fase de ascenso consecutiva

O partido do pasado Sábado entre o Calvo Xiria e o Lalinense no Vila de Noia, non defraudou a ninguén. Os dous conxuntos, que ocupaban a segunda e terceira posición na táboa respectivamente, ían disputar unha auténtica final, xa que a proximidade na clasificación e as poucas xornadas que quedaban para finalizar o campionato, obrigáballes a iso, sobre todo aos dezáns, que debían de gañar para seguir tendo opcións de alcanzar esa segunda praza que os metería na fase de ascenso a DHB.

O encontro foi vibrante, emocionante, con alternativas no electrónico e fixo as delicias dunhas bancadas abarrotadas por afeccionados de ambos os equipos. Os locais comezaron firmes nas súas intencións e chegarían a mandar por 8-4 excedidos os primeiros 10 minutos, pero aínda quedaba moito por traballar ante un gran equipo como o BM. Lalín que ía esgotar as súas opcións. Chegados ao minuto 25, os bergatiñáns sumarían de forma consecutiva varias perdas de balón, algo que estaba “ terminantemente pohibido” ante a velocidade do rival e foi así como do 11-10 pasaríase en 5 minutos ao 11-14. Non deixarían escapar xa a súa vantaxe os dezáns e retiraríanse no descanso dominando o choque por 14-16.

Na continuación, o Calvo Xiria volveu saír moi centrado e tardou tan só dez minutos en darlle a volta ao marcador (20-19). Foi unha segunda parte mellor en todas as facetas do xogo. Na retagarda mellor na intensidade, na marcaxe, nas axudas……, no contraataque, no repregamento e no posicional maior rigor táctico e menos perdas de balón que non deixaban aos de Lalín explotar as súas veloces transicións. Aquel momento delicado do final do primeiro tempo xa quedaba no esquecemento e dentro da igualdade que supuxo a confrontación, os de Carballo terminarían por dominar a maioría de parciais do choque. Aínda así e cando o partido parecía que chegaba ao seu fin con vantaxe dos verdinegros e balón en posesión a falta de 20”, aínda depararía unha nova ocasión para equilibrar a contenda do lalinense, que fallando o último lanzamento, daría esa ansiada clasificación para a fase de ascenso a DHB ao Calvo Xiria.

Calvo Xiria: 27 (14+13). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4),Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (4), Sergio Facal Fariña (1), Chimpo (5), Miguel Suárez – Pumariega.

Embutidos Lalinense BM. Lalín: 26 (16+10). José Antonio Lafuente (p), Ramón Gil (10), Gustavo Lazara (1), Adrián Crespo, Uxío Batán (2), Aron Díaz (3), Bruno Fernández (1), Duarte Batán (2), Miguel Porto (4), Román Pedreira (1), Alexandre Dacosta (1), Carlos Durán (p), Iago González (p), José Pedreira, Adrián Losón (1).

Parciais cada 5´: 3-3/7-4/8-7/11-10/11-14/14-16 /Descanso/18-19/20-19/22-20/23-23/26-24/27-26/Final.  

Colexiados: Efrén Muñoz e Julio Posada. Sen complicacións.

Incidencias: 26ª xornada do campionato da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón Vila De Noia cas bancadas cheas de siareiros de ambos os conxuntos e un ambiente inmellorable.