O Calvo Xiria, firme cara ao seu obxectivo tras vencer ao BM Saeplast Cañiza

Importante partido e unha nova final a que disputou o Calvo Xiria o pasado sábado no pavillón Vila De Noia.

Na presentación dos equipos, os locais saíron cunha camiseta de ánimo e apoio a » Bugui», porteiro do Bergantiños que sufría un derrame cerebral a pasada semana, desexándolle unha pronta e satisfactoria recuperación ao novo deportista carballés.

No referente ao encontro, o Calvo Xiria continua mostrándose como dominador nos partidos deste 2018 e camiña firme cara ao obxectivo final de conseguir unha das dúas prazas que ofrecen a posibilidade de acceder á fase de ascenso a División de Honra prata.

Este fin de semana pasado, o rival foi o BM. Saeplast Cañiza, un gran conxunto con moi bos xogadores en todas as súas liñas e que ano a ano segue crecendo neste grupo A de a primeira nacional.

Comezou un partido máis o Calvo Xiria con ímpeto, con dinamismo, facendo da velocidade o seu mellor arma e adiantándose 4-1 nos primeiros compases. Os visitantes non o ían a poñer fácil, o seu espírito de loita e o seu carácter competitivo son unha dos importantes acenos de identidade dos da Cañiza e aproveitando as indecisións na retagarda do seu rival e os erros en ataque, colocábanse a tan só dous goles de diferenza, situación que duraría ata o minuto vinte (11-9). A partir deste intre, o Calvo Xiria poñería terra polo medio. Antonio, que agora ocupaba a portería suplindo a Iago, demostrando que é unha das posicións mellor cuberta polos de Carballo, levantaba un muro infranqueable axudado pola defensa 6:0 e conseguía manter a porta a cero nos dez minutos que transcorrían ata chegar ao tempo de descanso. O 6-0 de parcial conseguido neses minutos, outorgaba unha diferenza máis que cómoda para afrontar o segundo acto (17-9).

A pesar da diferenza, o Calvo Xiria saíu concentrado igualmente e coa idea de evitar sorpresas desagradables, sabedores da calidade do seu rival. A defensa e a velocidade, tanto no contragolpe como no xogo de ataque, foron esenciais para que as distancias aumentasen no electrónico (27-14 minuto 50) e só cando os bergantiñáns soubéronse cos dous puntos no peto, mostraron certa dose de relaxación que aproveitou o sempre competitivo BM. Saeplast Cañiza para conseguir un parcial de 6-7 nos últimos dez minutos do envite.

Dous puntos importantes para manter a segunda praza e a diferenza cos seus perseguidores ante a chegada do complicado partido que enfrontará o próximo fin de semana en Camariñas, ao Calvo Xiria co Conservas Boya BM. Camariñas, un novo derbi que seguramente será apaixonante e vital para os intereses dos carballeses.

Calvo Xiria: 33 (17+16). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (13), Gabriel Castiñeiras, Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (8),Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete (1), Sergio Facal Fariña (1), Chimpo (3).

BM Saeplast Cañiza: 21(9+12). Ismael Lago (3), Daniel Mendes, Marcos Estévez (4), Daniel Da Cuña (2), Jesús Veiga, Adrián Lomba, Manuel Alonso, Xacob Novoa (1), Pablo Álvarez, Andrés Piñeiro (1), Miguel Guedes, Javi Bernárdez (2), David Costa (1), Jacobo Rodríguez (7), Abraham Alonso.

Parciais cada 5´: 4-2/6-3/8-6/11-9/14-9/17-9 /Descanso/20-11/23-12/25-14/27-14/30-18/33-21/Final.  

Colexiados: Javier Miranda e Pablo González. Sen complicacións.

Incidencias: 22ª xornada do campionato da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón Vila De Noia ante trescentos seareiros.