O Calvo Xiria imponse ao Rodosa BM. Chapela nun partido vibrante

O Calvo Xiria impúxose no día de onte ao Rodosa BM. Chapela nun encontro emocionante e onde a tensión competitiva estivo a flor de pel ata os últimos instantes. Os dous conxuntos prometían un envite de altos voos dados os antecedentes, xa que, tanto redondelanos como carballeses, están afeitos ocupar os postos altos da clasificación ligueira nos últimos tempos.

Non defraudou o partido ás expectativas creadas e o público, que acudiu nun importante número ao Vila De Noia, pasoullo en grande. Nunha primeira parte moi igualada, os ataques, especialmente pletóricos e lúcidos no día de onte, impoñíanse de forma máis que evidente aos intentos defensivos de cada retagarda por frear ao seu rival. Os visitantes mostraban o seu poderío no lanzamento exterior e na liña dos 6mtrs aproveitando as capacidades antropométricas de Galiano e os locais, impoñían as mellores galas do seu xogo colectivo para atopar os espazos hábiles cara á portería defendida por Nani. Foran trinta minutos intensos e dinámicos entre dous conxuntos que sabían da importancia dos dous puntos. Co 17-17 ao descanso todo quedaba aberto, todo por decidir e o Calvo Xiria sabía que a vitoria pasaba por mellorar as prestacións defensivas na continuación.

O conxunto de Carballo conseguiu liquidar os problemas defensivos que tivera no primeiro tempo. A maior profundidade dos segundos e o avanzado dificultaban agora a selección de lanzamento exterior por parte dos foráneos e os pases ao pivote, máis afastados, eran tamén máis complejosr. Coas primeiras recuperacións os verdinegros mostraban unha dos seus mellores armas; a velocidade ao contragolpe e en pouco tempo conseguirían unha cómoda vantaxe de tres goles que ao cabo sería definitiva. Co ataque funcionando que dá xenio e a mellora na retagarda, os bergantiñáns exerceron de dominadores neste segundo tempo e quedaron con dous importantes puntos que lles aúpan á cuarta posición e apertan a clasificación na parte alta.

Calvo Xiria: 34 (17+17). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras, Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (10), Hugo Rodríguez (3), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (4), Sergio Facal, Alejandro Calvete (1).

Rodosa BM. Chapela: 30 (17+13). Juan Bautista Tizón (Nani), Francisco Camino (1), Chema Cid (4), Pablo Orge, Pablo Vidal Galiano (6), Rubén Figueirido (2), Sergey Tsibanev (9), Luis Orge, Adrián Freiria (1), Pablo Casal (4), Pablo Vidal (1), Leonardo Andrés Domínguez (1), Pablo Martínez (1), Angel Táboas.

Parciais cada 5´: 2-3/6-6/9-9/13-11/15-14/17-17/Descanso/20-17/23-19/25-22/28-25/32-28/34-30/Final.

Colexiados: José Manuel García e Fernando Iñán. Fixeron una boa arbitraxe.

Incidencias: 6ª xornada da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón Vila De Noia cunha fantástica entrada de 300 seareiros que levaron en volandas a os seus.

Fotos do encontro:

DSC_0166 DSC_0172

DSC_0178 (1)

DSC_0180 (1)

DSC_0184 (1)

DSC_0188

DSC_0191

DSC_0192

DSC_0195

DSC_0196 (1)

DSC_0197

DSC_0199 (1)