O Calvo Xiria imponse ao Teucro no inicio da competición

Este pasado Sábado, o Vila De Noia de Carballo era testemuña do inicio da tempada 2017/18 na 1ª nacional de balonmán. O Calvo Xiria, actual campión da competición, recibía ao sempre perigoso Teucro de Pontevedra, un conxunto novo e de soleira no panorama nacional, que ten o seu  equipo de referencia militando na máxima categoría do balonmán español. O encontro foi duro e complicado, con alternancias de ambos os equipos no xogo, aínda que non no marcador, onde os locais mantivéronse durante os sesenta minutos por diante. A velocidade e o dinamismo que ofreceron os dous conxuntos, mostraron un bo espectáculo para os seguidores que se deron cita en bo número nas bancadas do pavillón carballlés. Os bergantiñáns, tiveron varias opcións nunha primeira parte que se moveu entre os dous e tres goles de diferenza, de ampliar a vantaxe, pero as perdidas de balón neses momentos puntuais, popiciaban que os pontevedreses non se fosen do partido. O 18-15 no tempo de descanso, deixaba todo por decidir na continuación. Foi na segunda parte e cunha dobre exclusión que sufriron os da cidade do Lerez, cando os xogadores do Calvo Xiria puxeron terra polo medio. En dez minutos os verdinegros xa gañaban de 6 e no meridiano deste tempo, a diferenza era de 9, distancia que parecía ser definitiva, como así se demostrou ao final. Os de Carballo seguiron aumentando os seus guarismos afianzados nunha forte e intensa defensa, velocidade no contraataque e boas tomas de decisións nun ataque onde primaba a velocidade do balón e o xogo colectivo. Desta forma, o Calvo Xiria inicia con bo pé a liga 2017/18 e suma os dous primeiros puntos no seu casilleiro particular.

A semana que vén toca desprazarse a terras a Vigo, onde o potente Octavio, reforzado con xogadores veteranos de amplo currículo no balonmán estatal, espera o Domingo ás 12:00h no pavillón das Travesas. Será un complicado e duro encontro ante un dos mellores planteis desta liga.

Calvo Xiria: 38 (18+20). Iago Gómez (p)(1), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras, Julián López (5), Brais Puñal (5), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Hugo Rodríguez (2), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (5), Alejandro Calvete (1).

S.D. Teucro: 24 (15+9). Alves Figueiredo (5), C. Remeseiro (2), D., Arosa Barco(1), Sánchez Mancho, J.C. Ameijeiras, Samuel Pereiro (6), S. Garrido (3), Sergio Altirribia, M. Tarrío, P. Barros (1), E. Ameijeiras, L.A. Araujo, H. Gil, D. Rey (6), G. Domínguez.

Parcias cada 5´: 3-1/6-3/9-6/11-9/14-12/18-15/Descanso/22-17/26-20/29-20/33-23/37-24/38-24.

Incidencias: Primeira xornada da competición de 1ª nacional en categoría masculina, disputada no pavillón Vila De Noia de Carballo ante un centenar de seareiros.

Fotos do encontro:

DSC_0097 (3)

DSC_0103 (2)

DSC_0108 (2)

DSC_0109 (1)

DSC_0111 (2)

DSC_0113 (3)

DSC_0115 (3)

DSC_0116 (2)

DSC_0120 (2)