O Calvo Xiria impúxose ó Bm. Porriño por 26-23.

Encontro de gran tensión o vivido no Pavillón da Zona Escolar perante uns cincocentos afeccionados. Notouse o que se xogaban os dous equipos no comezo do encontro onde se vía ós xogadores de ámbolos conxuntos moi agarrotados. Os locais amosábanse moi erráticos en ataque e tardaban en axusta-la defensa. Unha vez mellorado o ton defensivo comezaban ós de Carballo a marcar diferencias no electrónico chegando ó tempo de lecer con tres goles de renda.

No recomezo foron mellorando as cousas para o equipo de Juan Fernández que lograba unha renda de seis goles nos primeiros minutos desta segunda metade, e que foron administrando ata o final do encontro aínda que houbo momentos de incerteza cando os porriñeses se colocaron a tan só dous goles.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Miguel ( 6 ), Martín ( 3 ), Alfonso ( 2 ), Ayllón ( 4 ), Mario ( 1 ), Marcos ( 3 ) – equipo inicial – Quique, Fernando ( 5 ), Pablo, Álex, Javi ( 1 ), Sergio ( 1 ), Nando.

– Polo Bm. Porriño: Malvar, Javier ( 5 ), Adolfo ( 9 ), Rey, Da Cunha ( 4 ), Abel ( 1 ), Paulo – equipo inicial – Carlos, Jacobo ( 3 ), Fran, Villa, Dani, José, Jota ( 1 ).

Marcador cada 5 min.

1-3 / 4-4 / 6-5 / 9-7 / 10-9 / 12-9 / 14-10 / 17-11 / 20-15 / 21-17 / 24-21 / 26-23

Os colexiados Sres. Martínez Sanz e Reino Trigo tiveron unha boa actuación.