O Calvo Xiria, intratable en Pontevedra

O Calvo Xiria, como xa fixera a pasada semana en Cangas, afrontou o encontro deste Domingo en Pontevedra cunha inmellorable predisposición. A vitoria facíase necesaria para seguir na estela dos postos altos e o rival, o Teucro, xa fora quen de derrotar a os berganiñáns na pasada tempada. O envite revestía moita perigosidade, pero os verdinegros sairon como un auténtico ciclón para deixar sentenciado o mesmo despois dos primeiros trinta minutos.

Primeiro en 5:1 e despois en 6:0, a defensa do Calvo, en colaboración coa portería, foi clave para que as diferenzas fosen aumentando durante todo o primeiro tempo. O contragolpe xurdía como un arma importante no modelo dos de Carballo e no posicional, a efectividade era o culmen dun sensacional xogo colectivo.

Con 12-22 no electrónico, o segundo acto foi moito máis pausado, máis errático, sobre todo nos primeiros instantes da reanudación, onde os de Carballo acumularon varios erros e decisións pouco acertadas nun xogo excesivamente estático e individualizado. Inda así, foi cuestión de tempo que os verdinegros voltaran a dominar o xogo e manter o equilibrio que lles levaría a vitoria final por ese contundente 24-35. Dous puntos  claves para non ceder na pelexa por ese obxetivo final da fase de ascenso e para recibir a semana que ven no Vila De Noia a un rival directo, o Construcciones Castro Academia Octavio.

SD Teucro: 24 (12+12). J. Luis Arosa (3), Pedro Sánchez (2), Samuel Pereira, Santiago Garrido (5), Alejandro Gómez (1), Pablo Barros (1), José Carlos Ameijeiras, Adrián Pumar, Luis Araujo, Carlos Gehrhardt (1), Hector Gil, David Rey (6), Rui Escariz, Gonzalo Domínguez (1), Daniel Bernárdez (2), Cristian Remeseiro (2)..

Calvo Xiria: 35 (22+13). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p)(1), Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras, Julián López, Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (9),Miguel Suárez-Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (4), Sergio Facal Fariña (3), Chimpo (4).

Parciais cada 5´: 0-3/2-7/5-9/7-15/9-18/12-22/Descanso/15-24/18-25/20-28/20-30/22-32/24-35/Final.

Colexiados: Arturo Gutierrez e Javier Jimenez. Pasaron desapercibidos.

Incidencias: 1ª xornada da segunda volta do campionato da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón municipal de Pontevedra ante un centenar de seareiros.