O Calvo Xiria non foi quen de vencer na casa ó Lacera Naranco caendo por 27-34.

Os de Juan Fernández estiveron no partido ata os últimos dez minutos aínda sen facer un gran papel, pero chegados a ese punto unha serie de imprecisións fixeron que os astures se despegasen no marcador e nos derradeiros compases deixáronse ir facendo que o marcador se disparase inxustamente.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 1 ), Ayllón ( 2 ), Martín ( 1 ), Alfonso ( 1 ), Mario ( 1 ) e Miguel ( 7 ) – equipo inicial – Víctor, Fernando ( 8 ), Pablo ( ), Javi ( 3 ), Dubra ( 2 ), Álex ( ) e Sergio ( 1 ).

– Polo Lacera Naranco: Nacho, Cancio ( 4 ), Chus ( 5 ), Roberto ( 3 ), Dani ( 8 ), Ordiales ( 1 ) e Blanco ( 5 ) – equipo inicial – Stepanenko, Álex ( 3 ), Adrián ( 1 ), Conejo ( ), Darío ( 1 ) e Alexis ( 3 ).

Marcador cada 5 minutos

3-3 / 5-5 / 6-7 / 7-9 / 10-12 / 13-14 / 16-18 / 19-22 / 24-25 / 24-27 / 25-30 / 27-34
Os colexiados Jorge e Jesús Escudero cumpriron coa súa labor.