O Calvo Xiria perde faltando 5 segundos por 21-20 ante o Atl. Avilesina

Outra vez por un gol. Outra vez no último suspiro. Outros dous puntos que voan. O partido foi malo pero emocionante, os dous contendentes estaban constrinxidos pola táboa e notouse demasiado porque cada balón desperdiciado semellaba unha traxedia grega. No que respecta ó xogo soamente dicir que polos asturianos o pivote Conejo foi o máis destacado e no Xiria Villa tivo unha actuación soberbia.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 4 ), Fernando ( ), Martín ( 5 ), Alfonso ( 2 ), Mario ( 1 ) e Miguel ( 8 ) – equipo inicial – Quique, Pablo ( ), Ayllón ( ), Sergio ( ), Nando ( ), Álex ( ) e Javi ( ).

– Polo Atl. Avilesina: Carlos, Pablo ( 4 ), David ( 1 ), Gonzalez ( 4 ), Conejo ( 6 ), Jorge ( ) e Camilo ( 3 ) – equipo inicial – Amoedo, Alberto ( ), Iván ( 2 ), Martinez ( ), Rivas ( ), Fisas ( ) e Nacho ( 1 ).

Marcador cada 5 minutos

1-2 / 3-4 / 3-5 / 4-7 / 8-9 / 11-10 / 13-13 / 15-14 / 17-17 / 19-18 / 21-20