O Calvo Xiria perde por 31-22 ante o Gaeva 2000-Bueu Atl

Non puideron os de Carballo co líder e eso que ata o minuto 27 o partido estaba a ser igualado, de feito, de non ser polos numerosos erros en ataque o Xiria comandaría o marcador xa que a defensa funcionaba de marabilla. Foi nese momento cando os visitantes perderon o norte e foron ó vestiario 16-12. No recomezo o norte seguía desaparecido e por riba Mario fracturaba o tabique nasal producíndolle unha forte epixtase.

Agora logo dos resultados dos demais implicados, do octavo clasificado para abaixo non hai nada decidido, só queda gañar na casa a Sinfín e para eso HAI QUE ENCHER O SÁBADO O PAVILLÓN. Como xa ven sendo norma ó tratarse do último partido da tempada como locais a entrada será libre.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Javi ( 2 ), Ayllón ( 2 ), Martín ( 3 ), Alfonso ( 1 ), Fernando ( 2 ) e Miguel ( 2 ) – equipo inicial – Quique, Marcos ( 3 ), Mario ( 3 ), Sergio ( 3 ), Alberto ( ), Álex ( ) e Pablo ( 1 ).

– Polo Gaeva 2000-Bueu Atl.: Kustov, Víctor ( ), Cabanelas ( 4 ), Aller ( 6 ), Curra ( 1 ), Menduiña ( 4 ) e Oliver ( 6 ) – equipo inicial – Roberto, Portela ( ), Carlos ( 3 ), Alberto ( 3 ), Jorge ( 1 ) e David Veleiro ( 3 ).

Marcador cada 5 minutos

4-1 / 5-6 / 7-7 / 9-8 / 13-9 / 16-12 / 18-12 / 21-14 / 25-16 / 28-17 / 30-18 / 31-22