O Calvo Xiria pode selar a fase de ascenso esta fin de semana

Despois do parón de Semana Santa, volve a competición para Escolas Balonmán Xiria e faio co partido estrela de 1ª nacional, unha auténtica final para o Calvo Xiria. O Embutidos Lalinense BM. Lalín, visita este Sábado Carballo para medirse ao conxunto bergantiñán. O encontro, que dará comezo no Vila De Noia ás 18:00 h, enfrontará ao segundo e terceiro clasificado, separados por 6 puntos de diferenza. A falta de cinco xornadas por tanto para o final da liga regular, unha vitoria do Calvo e outra do ATL. Novás ante o Construcións Castro Octavio, daríalles de forma matemática a clasificación para a ansiada fase de ascenso a estes dous equipos. Os carballeses, que desexan selar canto antes esta clasificación para evitar posibles sorpresas na recta final da competición, non o terá nada fácil ante un enorme cadro de persoal de xogadores de notable calidade e talento que esgotarán as súas últimas posibilidades para estar nesa fase a DHB. Os verdinegros deberán de aplicarse en defensa e render de forma sobresaliente, frear o ritmo vertixinoso dos Dezáns e explotar a súa propia velocidade con intelixencia e nos momentos precisos. O rigor táctico no ataque posicional e o xogo colectivo, debe de ser o que dea os mellores réditos aos de Carballo, buscando os momentos idóneos na finalización e sen conceder perdas de balón absurdas ante a retagarda rival. A concentración durante sesenta minutos en todas as fases do xogo será vital, prestando especial atención ao repregamento defensivo e ao balance no contragol dos visitantes.
Sen ningunha dúbida, o espectáculo nun Vila De Noia que se prevé repleto está garantido e para iso, o Calvo Xiria contará, despois de moitos meses, coa dispoñibilidade de todos os seus efectivos para esta importante cita.
En División de Honra, comeza a Copa para os diferentes conxuntos de Xiria. Mentres os xuvenís desexan resarcirse do mal ano en liga e queren demostrar un mellor nivel nesta competición, os infantís e cadetes utilizarán estes partidos para preparar ls fases finais que se lles aveciñan e que lles poden dar o acceso ao campionato de España. Os tres conxuntos xogarán os seus primeiros partidos o Domingo no Vila De Noia. Mentres os primeiros e os segundos farano ás 11:15 h e 10:00 h respectivamente co Nova Xestión Pavillón de Ourense, os cadetes xogarán ás 12:45 h co Rasoeiro do Grove.
Na fase final de 2ª División cadete, haberá unha dobre xornada e así, o Hierros Varela Urbieta xogará o Sábado ás 16:00 h no Vila De Noia fronte ao BM. Culleredo Técnicos 115, no que será un novo derbi esta tempada e o Domingo ás 10:30 h co ATL. Novás Acanor no pavillón do CEIP Fogar coa ilusión por completar dous bos partidos e conseguir os catro puntos contra rivais de gran entidade.
As nenas de Punta Del Este en categoría infantil, acoden a Vigo onde tentarán, ao longo do fin de semana, conseguir o ascenso de categoría á División De Honra. Para iso deberán enfrontarse e superar os escollos fronte ao EDM. Salceda (Venres 18:00 h), Asador Róldaa AC. Arteixo (Sábado 19:45) e ante o anfitrión, o BM. Lavadores (Domingo 11:30 h), todo iso no pavillón de Lavadores, en Vigo.
Os alevíns e benxamíns acoden na súa maioría a Santiago para disputar a xornada de Copa nos seguintes horarios:

Copa Alevín mixta Bm5, x.10

Laber Xiria – EDM Concello Muxía Bm Camariñas
Sábado 07/04, 11.40, pav. Quiroga Palacios, Santiago
Telepizza Carballo Xiria – Ribadosar.es
Sábado 07/04, 10.00, pav. Quiroga Palacios, Santiago

 

Copa Benxamín mixta Bm5, x.1
– Bm Camariñas – Oak English Xiria
Sábado 07/04, 12.30, pav. Quiroga Palacios, Santiago
– Agrupación Deportiva Zas – Clínica Dental Pico Blanco Xiria
Sábado 07/04, 10.50, pav. Quiroga Palacios, Santiago

Os únicos equipos que quedan en Carballo e que disputarán o partido entre eles, son o Grupo Lemaco das nenas alevíns e o LK de nenos da mesma categoría:

Grupo Lemaco Xiria – LK Xiria
Sábado 07/04, 10:00, pav. Ceip Fogar, Carballo