Ao Calvo Xiria so lle deixaron xogar 55 minutos

Caeu o Calvo Xiria na súa visita ao Chapela, pero o fixo sen dar un so paso atrás, loitando até o derradeiro intre do partido, o que debe ser motivo de orgullo para todos os seus seareiros. Loitaron cada un dos equipos cas súas mellores armas, por un lado os locais basearon o seu xogo no lanzamento exterior e na gran vantaxe de altura e peso no pivote, 13 goles dende a liña dos seis metros conseguiron os vigueses. Namentres por parte verdibranca a velocidade de circulación, o xogo sen balón e o alto ritmo foron as súas claves. No tocante ás defensas o nivel marcado nas sancións disciplinarias favoreceu o xogo local, xa que puideron defender como mellor lles ven ante equipos máis rápidos que eles, con empuxóns e agarróns claramente castigados polo regulamento. Aínda así, a falla de cinco minutos as espadas estaban en todo o alto, sen ter a seguridade ningún dos presentes do resultado final. Mais neses cinco minutos finais o Calvo Xiria non puido xogar. En defensa sufriu dúas exclusións máis que rigorosas, mentres que en ataque as colexiadas decretaron a perda de tres balóns consecutivos. Unha mágoa que o esforzo e bo traballo dos carballeses non tivera mellor premio. Agora, a pesar do complicado que está chegar aos postos altos, toca seguir a traballar e loitar en cada partido coma se fixo hoxe, sempre co apoio dos seareiros. A próxima cita será un derbi provincial, o vindeiro sábado no Vila de Noia ás 18:00 ante o OAR.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Chapela ante 200 espectadores, entre os que se atopaba un nutrido grupo de seareiros carballeses. Marcador cada cinco minutos: 2-1, 4-2, 6-6, 9-10, 12-11, 14-14 descanso, 16-17, 18-19, 19-21, 22-22, 27-26, 31-27. Colexiadas: Ana Correa Araújo e Soraya Abelenda Martínez. Excluíron por parte local a: Miguel (16´), F. Javier (27´), Pablo (34´) e David (56´ e 60´). mentres que polos visitantes: Sergio (12´), Carlos A. (14´, 21´e 57´), Brais (36´) e Manuel (59´).

CONSTRUCCIONES CASTRO B. CHAPELA 31 (14+17): Daniel Gónzalez [p], Jesús Soliño [p], José M. Cid (6), Enrique Fernández (2), Fabián González (3), Ángel Martínez (2), F. Javier López (2), Adrián Blanco, Iago Cuadrado (11), Rubén Gómez (2), Javier Carrera (1), David Escudero (2), Miguel Sío (), Pablo Casal ().

CALVO XIRIA 27 (14 + 13): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (1), Martín Alfeirán (1), Brais Puñal, Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (6), Gonzalo Pombo (3), Mario García de Seárez (1), Iván Campos.