O Calvo Xiria recibe ao BM Saeplast Cañiza nunha xornada completa na base

Non faia o Calvo Xiria neste 2018 e conta os seus partidos por vitorias, asentándose dese modo na segunda praza da clasificación. Un segundo posto cobizado polos seus perseguidores, xa que dá acceso directo a unha das fases de ascenso a DH prata. É por isto, que os de Carballo non deben deixarse ningún punto polo camiño, xa que os seus rivais mantéñense a catro puntos de diferenza esperando un tropezo dos verdinegros. Este Sábado por tanto, o Vila de Noia acollerá unha “final” máis para os locais, nun difícil encontro cun conxunto, o da Cañiza, cun maior potencial do que realmente a clasificación indica. Xa no partido de ida e aínda que o Calvo dominou o marcador en todo momento, os pontevedreses nunca se foron do partido e sempre mantiveron unha distancia próxima ao seu rival. Con grandes xogadores en todas as posicións, excelentes no 1×1 e posuidores dunha notable reactividad e verticalidad, o BM. Saeplast Cañiza, será a recado, un difícil rival para o Calvo Xiria e así o testemuña o seu empate en Chapela e a derrota pola mínima en Lalín, dúas dos “cocos” deste grupo da primeira estatal. O encontro, que dará comezo ás 18:00 h, non poderá contar coa participación de Gabriel Castiñeiras e Andrés Vila por parte dos locais, xa que seguen co proceso de recuperación do seu ombreiro e o seu talón respectivamente.

Na División de Honra e despois das dúas derrotas en cancha do Teucro o fin de semana pasado por tan só unha vitoria, os conxuntos carballeses tentarán facer pleno nos tres encontros co obxectivo de terminar nos postos altos os cadetes e infantís e coa idea de esgotar as opcións para conseguir a sexta praza os xuvenís. Os dous primeiros reciben o Sábado ao Octavio no Vila de Noia ás 10:30 os infantís e ás 12:15 os cadetes. Pola súa banda, os xuvenís reciben no mesmo escenario ao BM. Porriño o Domingo ás 12:15.

Na segunda División infantil, o Marmolería J.Rey viaxa o Sábado a ST. Comba para enfrontarse ao BM. Xallas no pavillón da Fontenla ás 11:00, co obxectivo de seguir coa clara melloría no xogo que veñen presentando nas últimas semanas e as nenas do Punta Del Este e do Garaysa, enfrontaranse entre elas o Domingo no Vila De Noia ás 10:30.

Na fase final da segunda División cadete, O Hierros Varela Urbieta viaxa a Culleredo para enfrontarse no derbi da categoría ao difícil BM. Culleredo Técnicos 115, co obxectivo de seguir sumando e de acumular minutos por parte de todos os xogadores. O encontro será o Domingo ás 11:00 no pavillón de Almeiras.

Pola súa banda e na xornada dos máis pequenos, os benxamíns do OAK English Centre Xiria, xogarán co Alca Ribadosar Alca no pavillón Galán ( Oseiro, Arteixo) ás 10:00 do Sábado e o clínica Dental Pico Balnco Xiria, farao no mesmo escenario e día ás 10:45 co BM. Camariñas A.

viaxan tamén a Arteixo os alevíns do LK para xogar co Gravados Calvo Arteixo ás 10:00, Mentres que en Carballo producirase o duelo entre Telepizza Carballo Xiria e Laber Xiria o Sábado ás 12:00 no pavillón do CEIP Fogar.