O Calvo Xiria recupera sensacións ante Seis Do Nadal

Despois de perder tres puntos nas dúas anteriores xornadas, o Calvo Xiria necesitaba imperiosamente a vitoria no día de hoxe se quería seguir o ronsel dos postos altos da táboa de clasificación, máis se cabe, despois da derrota do Atl. Novás onte en Lalín.

Os carballeses, que xogaban o seu segundo encontro consecutivo fóra de casa, non defraudaron no día de hoxe e, ademáis de conseguir os dous puntos en xogo, recuperaron sensacións e dominaron ao seu rival ao longo dos sesenta minutos.

Os comezos foron erráticos para os dous conxuntos, acumulando moitos faios en lanzamentos sinxelos dende os seis metros, algúns con erros incomprensibles e outros con intervencións de mérito dos dous porteiros. O dominio era claro dos verdinegros, que xa gañaban no meridiano por unha cómoda distancia de 4-9, pero as oportunidades erradas non daban opción a unha maior diferenza no electrónico que si se materializaba no xogo. Aínda e todo, o 6-13 do descanso poñía as cousas moi de fronte para os de Xiria no seguintes trinta minutos.

Sen deixar opción á reacción, o Calvo seguíu despregando un xogo notable en canto á circulación do balón e a súa retagarda, moi seria ao longo de todo o encontro e alternando o 6:0 co 5:1, mostrábase inexpugnable ante os olívicos.

Estes dous puntos apertan a clasificación e deixan aos bergantiñáns con opcións de continuar mirando aos postos altos da táboa. Para iso, o encontro da semana que vén fronte ao BM. Chapela será moi importante. Os de Rendondela ocupan o segundo posto, con tres  puntos de diferenza sobre os verdinegros. Unha vitoria destes últimos posibilitaría colocarse a un só punto de diferenza do seu rival e continuar aspirando a todo. O encontro disputarase o vindeiro sábado día 21 ás 18:00h no pavillón Vila De Noia.

Seis Do Nadal: 21 (6+15). Daniel Benjumea, Enrique Fernández (4), Diego Fernández, Alberto Bao (3), Denis Estevez (3), Diego García, Adrián Leiros (2), Marcos Treinta (3), Lucas Vigara, Diego Freijeiro (2), Pedro Toimil (1), Andrés Alberto Novoa, Martín Gayo (2), Yago Santomé, Abraham Álvarez (1).

Calvo Xiria: 32 (13+19). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras (1), Pablo Iglesias (7), Hugo Rodríguez (7), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (7), Sergio Facal, Alejandro Calvete (3), Miguel Suárez-Pumariega (1).

Parciais cada 5´: 3-2/3-5/4-9/5-11/5-13/6-13/Descanso/9-15/10-20/11-23/13-25/17-29/21-32/Final.

Colexiados: José Domingo Vega e Daniel De La Torre. Estiveron correctos.

Incidencias: 5ª xornada da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón de Coia ante cento cinco seareiros de ambos os conxuntos.