O Calvo Xiria suma unha nova vitoria para continuar nos postos altos [?]

Visitaba o Vila De Noia o Saeplast a Cañiza, un conxunto novo que está a deixar boas sensacións nos primeiros compases da liga e que chegaba a Carballo despois de poñer en serios aprietos ao Lalinense. A volta a casa dos irmáns Alfeirán tinguía de certa emotividade o envite, que para os locais era unha final máis ante a disputa polos postos máis ambiciosos da clasificación.

Con esa responsabilidade iniciaban os verdinegros o partido; contundentes e serios en defensa, explotando as transicións e materializando un 4-0 inicial que obrigaba ao técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto. Pasado o minuto cinco chegarían os primeiros tantos dos rojillos, pero aínda aquí o Calvo Xiria sacaría partido na faceta do contragol, impoñendo o alto ritmo e a súa velocidade ao xogo do rival. En ataque posicional en cambio, os dous equipos mostrábanse espesos e sufrían a escasa mobilidade e a nula circulación do balón. Aproveitaba o Saeplast esta espesura para lograr un 0-3 de parcial e reducir a diferenza, pero un novo arreón dos bergantiñáns cun parcial de 5-2 cando agonizaba o primeiro acto, deixaba unha cómoda vantaxe favorable ao Calvo Xiria coa que afrontar a segunda parte.

Comezaban de novo os carballeses acertados na continuación e continuarían aumentando a distancia fronte ao seu rival ata os sete goles. O equipo da Cañiza, que se mostrou como un bo conxunto e cun carácter competitivo encomiable, aproveitaría a superioridade numérica no tramo final para asinar un 0-2 de parcial que os achegaría no marcador, pero sen temor para os intereses do Calvo Xiria que dominarían os tempos e asinarían unha xornada máis invictos.

A fin de semana que vén, o Calvo Xiria visitará a pista do Seis Do Nadal en Vigo, unha pista complicada e un rival que está a completar un bo inicio de campaña.

Calvo Xiria: 25 (17+8). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras,  Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (4), Chimpo, Carlos García (6), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (4), Alejando Calvete (1), Iván Amarelle (2).

Luceros: 22 (12+10). Ismael Lago (5), Martín Dávila (3), Daniel Méndes (2), Alejandro Pereiro (1), Marcos Estevez, Jesús Veiga, Imanol Cobián (3), Manuel Alonso, Pablo Álvarez, Roi Alfeirán, Martín Alfeirán (1), David Costa (2), Jacobo Rodríguez (1), Jesús Lago, Miguel Couñago, Javier Bernárdez (4).

Parciais cada 5´: 4-0 / 7-2/ 11-5/ 12-7/ 12-10/ 17-12/Descanso/19-13/ 20-14/ 22-16/ 24-19/ 24-21/ 25-22. Final

Colexiados: Javier Gutierrez e Luis Alberto Ramos. Tiveron una boa actuación.

Incidencias: Encontro da 5ª xornada da 1ª nacional celebrado nun Vila de Noia con boa afluencia de público.