O Calvo Xiria vence 24-23 ó Peguform.

A primeira metade non foi para botar foguetes, especialmente en ataque e sen pena nin gloria remataba o tempo co marcador sinalando 10-11. O bacallao cortouse no recomezo, cando os de Fernández fixeron todo que non fixeran antes, sólida defensa, contraataque rápido e xogo estático ordenado. A diferencia chegou a ser de 7 tantos mediado o período. Pero neste categoría non se poden permitir alegrías e un pequeno baixón de intensidade fixo que os redondeláns se achegasen no marcador. Aí comezaron as dúbidas en ataque e o final intuíase incerto. Co tempo rematado Ron non era quen de bater a Villa dende os 7 metros e os dous puntos quedaban na casa.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Marcos ( 4 ), Nando ( ), Alberto ( 1 ), Alfonso ( ), Mario ( 4 ) e Miguel ( 6 ) – equipo inicial – Víctor, Fernando ( 3 ), Ayllón ( ), Javi ( 2 ), Martín ( 4 ), Álex ( ) e Sergio ( ).

– Polo Peguform S.A.R.: Rubén, Damián ( 1 ), Iván ( 4 ), Pablo ( ), Miguel ( 7 ), Guta ( 3 ) e Jesús ( 1 ) – equipo inicial – Ricardo, Ron ( 4 ), Xosé Cabaleiro ( 2 ), Román ( ), Suárez ( 1 ) e Luís Ron ( 3 ).

Marcador cada 5 minutos

0-2 / 2-4 / 4-5 / 6-6 / 8-8 / 10-11 / 14-11 / 18-13 / 20-15 / 23-19 / 24-22 / 24-23