Última xornada da división de honra infantil e o Garaysa Xiria viaxaba ata Bueu sen necesidade de puntuar. Iso notouse na intención de puntuar duns xogadores que estiveron durante todo o partido demasiado relaxados. E é que na primeira parte, adquiriron unha vantaxe de seis goles grazas á efectividade para portería; a pesar de que defensivamente non tiñan a suficiente tensión.
A diferencia que existía entre os equipos palpouse no resultado antes do descanso.
Na continuación, gran labor do conxunto local ante a baixa intensidade coa que estaban a xogar os carballeses que lles permitiu facercarse ao marcador. Cando quixo reaccionar o Garaysa Xiria era demasiado tarde xa que afrontou os últimos 4 minutos cun xogador menos. O que permitiu ao Bueu quedar cos dous puntos. Mal partido do Garaysa Xiria por falta de intensidade a propósito de que estaba clasificado para o intersector. Son circunstancias a evitar de fronte ao futuro; xa que non poden permitirse xogar a este nivel nunha categoría tan igualada.
O intersector xogarase o 20, 21 e 22 de abril, nunha loita contra 3 equipos por dúas prazas para o campionato de España. Mentres tanto xogarase a Copa Federación que serve como preparación.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Pablo Herbello ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Edelmiro Otero do colexio galego.
SERVISUB A-BUEU ATLÉTICO 32 ( 10 + 22 ): Martiño Castro, Abel Pastoriza, Brais Cerviño, Iván Ríos, Iago López, Bruno Estevez, Denis Iglesias, Victor Cesta, Marco Rivas, Borja Blanco, Pablo Joage.
GARAYSA XIRIA 30 ( 16 + 14 ): Mateo Pallas [p], Darío Calviño [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Samuel Veiga, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez, Miguel Goimil.