o Garaysa femenino arranca a liga con unha derrota

O Garaysa desprazábase a Ponte do Porto para enfrontarse a un sempre intenso Camariñas. O primeiro partido do Garaysa, formado na súa maioría por xogadoras de primeiro ano, veu marcado polos nervios e as imprecisións.
Os primeiros ataques das nosas xogadoras iniciábanse recibindo a pelota paradas e sen mover a mesma o que nos facía chocar unha e outra vez coa defensa rival, esta falta de dinamismo levábanos a ter perdas de pelota. Na defensa non eramos capaces de frear as súas penetracións desde a primeira liña, necesitando sempre de axudas que non sempre chegaban a tempo. Desta maneira marchamos ao descanso con 11-5 para as locais.
Á saída do descanso as carballesas buscaron un maior dinamismo en ataque, pero as imprecisións nos pases e na toma de decisións continuaban. En defensa seguiamos a ser pouco contundentes ao un contra un, pero unha boa Lucía baixo paus evitou que a diferenza fose maior.
Para a semana temos outro partido para deixar os nervios de lado e seguir aprendendo.

CLUB BALONMÁN CAMARIÑAS 24 (11+13)

GARAYSA FEMENINO 10 (5+5) Lucía [p], Paula, Stefanía, Uxía, María G.(1), María P, Coral (1), Candela (3), Natalia (3), Ana (1)

Próximo partido: GARAYSA XIRIA FEMENINO- PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO

 

IMG-20171105-WA0014 IMG-20171105-WA0015 IMG-20171105-WA0016 IMG-20171105-WA0017 IMG-20171105-WA0018 IMG-20171105-WA0020 IMG-20171105-WA0010 IMG-20171105-WA0011 IMG-20171105-WA0012