O Garaysa Feminino sae derrotado a pesar da boa intensidade mostrada

Este sábado 27 de xaneiro o Garaysa Xiria femenino desplazábase o pavillón municipal de Galán, para enfrentarse a Parrillada La Ronda Arteixo.

O partido comezou con ambos equipos en accións de un para un no ataque posicional, onde saíron mellor paradas as xogadoras de Arteixo, permitíndo a ventaxa no marcador. A pesar das dificultades do Garaysa para perpetrar na defensa rival, as xogadoras do Xiria amosaban os espectadores intensidade nos seus ataques. Unha serie de erros nos seguintes minutos do xogo por parte do Garaysa permitiron rápidos contragolpes do equipo rival que facían mella no repliegue defensivo. Chegando así o descanso cun 20 – 1 a favor das locais.

 

Na continuación do partido as xogadoras do Garaysa entraron no campo mostrándo outra cara, cunha moi alta intensidade defensiva, poñendo en moitos apretos as xogadoras rivais para efectuar lanzamentos. Como así reflexa o marcador final do partido 30 – 1, sendo na segunda parte onde solo recibiron 10 tantos.

 

Parrillada La Ronda Arteixo: Candela Puga(5), Paula Mato, Adela Alonso (4), Anheliz Alexander,  Lara Paratina(2), Paula Valderrazano, Marta Valderrazano(7), Diana Dozo(3), Lucía Ponte(1), Adriana Antonio, Nerea Pose(8), Triana Fernández

 

Garaysa Xiria: Lucía Lema(p), Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño, Coral Ruibal, Candela Couto, Natalia Cancela(1), Ana Pombo, Lara Hernández