O Garaysa Feminino tópase coa defensa do Bm Culleredo

O pasado 21 de Abril enfrontábase o Garaysa Feminino ao Bm Culleredo no pavillón de Tarrío, partido pertencente a copa norte grupo B.

O comezo do partido estivo marcado pola falta de acerto no lanzamento dos dous equipos, de xeito que no minuto 10 tan só se anotaran 4 goles. A partir de ahí as diferenzas comezaron a cobrarse no marcador a favor do equipo local. Unha defensa 6-0 con poucas saídas do equipo local facía que as xogadoras carballesas se lles fixera moi difícil chegar a 6 metros. As xogadoras do Garaysa intentaban unha e outra vez chegar aos poucos espacios que xeraba a defensa, pero a diferencia física propia da idade dificultaba a progresión. Na labor defensiva o Garaysa comezou ben plantado, sen embargo no ecuador da primeira parte uns desaxustes fixeron que Culleredo tomase rentas no marcador.

A saída dos vestiarios o equipo carballés saiu moi enchufado e moito máis centrado na defensa. Ademais, no ataque a pesar de ter dificultades para atopar espacios non deixaron de inténtalo incluso, conseguiron en varias ocasións darlle continuidade a pelota, unha tarefa que tiñan pendiente. De ahí o camino do partido non variou ata o resultado final de 21-3.

BM Culleredo 21 (2+1): Irene Pacheco (p), María Franco (5), Antía Pardo (2), Paula Carballal (1), Carla Roca (2), Carlota Rodríguez (8), Aroa Barbeito , Sofía González, María Biscansa, Lucía Sánchez (3)

Garaysa Xiria 3 (12+9): Lucía Lema(p), Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño, Coral Ruibal, Candela Couto, Natalia Cancela (2), Ana Pombo, Lara Hernández (1)