O Garaysa perde fronte o Bm Culleredo pero mellora a súa imaxen

Viaxaba este domingo o Garaysa Xiria a Culleredo para enfrontarse a un equipo moi forte, invicto ate o momento. O equipo carballés viaxaba cos obxetivos claros, mellorar os comezos dos partidos e mellorar a sua actitude defensiva.

Un dos obxetivos foi cumplido pois, fronte a un equipo superior tanto físicamente como en calidade individual o Garaysa foi capaz de mostrar un bo xogo, con unha boa movilidade na segunda liña do ataque, nos primeiros compases do partido. A partir do minuto 10 o equipo visitante foise distanciado no marcador. Estas diferenzas cada vez maiores que conseguían os de Culleredo non están reñidas cunha mellora na actitude da defensa dos de carballo, con unha contundencia cada vez maior fronte os bos xogadores de Culllerdo.  A pesar da mellora na actiitude, o marcador era fiel reflexo da diferenza entra ambos equipos con un 18-9 ao descanso.

Na segunda parte a dinámica foi a mesma.  O lado positivo de este partido foi a mellora na intensidade, pois nos seguintes partidos esperamos ver a un Xiria cada vez mellor en todalas facetas pero sobre todo na defensiva. O resultado final foi de 30-16, a pesares do abultado do resultado tivemos unha mellora fronte a fin de semana pasada e ese é o camino a seguir.

BM CULLEREDO 30 (18+12) Iago (7), Roi, Iván, Marcelo (3), Diego, Álvaro, Senen (5), Joel, Nuno (15), Pablo.

GARAYSA XIRIA 16 (9+6) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Pedro Porteiro (3), Samuel Regueira (1), Ángel Viña (2), Samuel Veiga, Erik Vázquez (4), Pablo Veiga (2), Xurxo Fraga (1), Aarón Rodríguez(1).