O Garaysa volve con dous puntos da viaxe a Pontevedra

O  Garaysa Xiria desprazouse na mañá do domingo a Pontevedra para xogar no  Ceip A Xunqueira contra un club histórico como é o  S.D  Teucro.

O partido empezou mal para os de Carballo, unha defensa sen actitude, con numerosos descoidos, facía que os xogadores pontevedreses chegasen unha e outra vez a zonas claras de lanzamento. Con estas circunstancias, chegado o minuto 10 da primeira parte, o panorama era totalmente adverso. A partir deste momento a defensa foise entoando aos poucos, e cunha maior presión defensiva conseguíanse roubar balóns para poder correr. Con esta mellora na defensa  e a colaboración coa portería conseguiuse reducir a renda ata chegar ao descanso con empate no marcador (11-11).

Á volta do descanso o partido estivo marcado pola igualdade, con pequenas vantaxes para un e outro equipo. Desta maneira chegouse aos  cinco últimos minutos con máxima igualdade, foi aí cando a presión defensiva e a achega na portería, de novo, permitiron correr un par de contraataques para sentenciar o partido.

Destacar a entrega coa que os xogadores carballeses traballaron para remontar o mal inicio de partido.

S.D. TEUCRO FRIGORÍFICOS MOLDES 20 (11+9) David Pintos , Pedro Gómez (1), Anxo Soliño (3), Pablo Escudero (3), Anxo Barco (4), Agustin Borel, Salvador Montes (3),  Javier Caramés (1), Pedro Portela (3), Martín Justo (1), Miguel Domínguez (1).

GARAYSA XIRIA 23 (11+12) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (1), Alberto Rodríguez (2), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira, Ángel Viña (5), Erik Vázquez (6), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (3), Miguel Cambón.