O Garaysa Xiria consegue a vitoria ante o S.D. Teucro

Domingo pola mañá e unha nova xornada da división de honra infantil masculina para o Garaysa Xiria; despois da derrota do mércores fronte ao Carballal. Visitaba o Vila de Noia, o S.D. Teucro.
Os carballeses empezaban con moitas dúbidas no seu xogo; quizais acusando en demasía, o partido do mércores. Desaxustes defensivos; en xogadores que habitualmente nos teñen afeitos saír con outra faísca. E en ataque, non se circulaba o balón coa alegría doutros partidos. Tamén o Teucro soubo xogar ben as súas bazas; saía cun sistema defensivo 5:1; pechado no bloque central e en ataque; desdobramentos cuns laterais que ían forte ao 1×1.
Tónica de igualdade, durante a primeira parte como así reflectía o marcador 16 a 15.
Nos primeiros minutos da segunda parte; todo seguiría igual. Mínimas diferenzas e continuos desaxustes defensivos que os porteiros conseguían frear algunhas veces. No momento clave do partido, con 21 a 21 e atacando o Teucro; apareceu a figura de Mateo parando 3 lanzamentos desde 6 metros con senllos contraataques que daban vantaxe ao Garaysa Xiria; que ao cabo sería definitiva. Xa que o empuxón final dos carballeses levaría o marcador ao 32 a 27; conseguindo dous puntos moi importantes para a clasificación.
Na seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa ata Vigo, para enfrontarse ao Octavio; equipo co que marcha empatado a puntos na clasificación.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso Capelo do colexio galego. Sen complicacións.

GARAYSA XIRIA 32 ( 16 + 16 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García (1), Ángel Viña, Esteban Puñal (8), Julián García (8), Martín Fuentes (9), Miguel Goimil, Alberto Rodríguez (2), Juan Martín (4).

S.D. TEUCRO CLÍNICA CORBAL 27 ( 15 + 12 ): Miguel Domínguez, Gabriel Ayude, Sergio Cortizo (4), Federico De Carlos (2), Miguel Monteagudo (4), Martín González, Iago Pérez (2), Anxo Martínez, Alejandro Patiño (3), Mateo Omil, David Pintos, Sergio Blond (8), V. Domínguez (4), Oscar Paredes.