O Garaysa Xiria gaña ao Luceros, nun emocionante encontro.

Enfrontábanse os dous primeiros da clasificación xeral; o Garaysa, segundo e o Luceros, líder da categoría. Un dos pratos fortes da xornada, despois de vir do parón do Nadal. Empezaba mellor o choque o Luceros, a mobilidade en ataque dos seus xogadores, conseguía opcións de lanzamento cómodas que de non ser por Darío, a diferenza no marcador fose demoledora. Pero un tempo morto fixo reaccionar ao Garaysa, que empezaba a gustarse, con transicións rápidas dáballe a volta ao resultado. Diferenzas mínimas ata chegar ao descanso 16 a 14, con todo por decidir.

Na continuación, os 10 primeiros minutos da defensa carballesa deixaba moi tocado aos cangueses, que vían como se lle escapaban os dous puntos. Lonxe de tirar a toalla, seguiron loitando ata o final, cunha defensa máis presionante, reducindo diferenzas. Pero o traballo colectivo dáballes a vitoria por 35 a 32 ao Garaysa Xiria, que serve para empatar a puntos no alto da clasificación co Luceros.

Segue a igualdade máxima nunha categoría que ata a última xornada veremos que sucede.

A semana que vén o Garaysa Xiria; visita Culleredo, nun novo derbi provincial.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos, que estiveron moi animados. Colexiado: Henrique Folgoso do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 35 ( 16 + 19 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Samuel Veiga, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Alberto Suárez, Pedro Porteiro.

LUCEROS 32 ( 14 + 18 ): José Meira, Pablo Rodríguez, Manuel Barreiro, Hugo Da Silva, Iago Iglesias, Alberto Colinas, Gael Blanco, Miguel Hermeio, Álvaro Rosales, Arturo Rodríguez, Manuel Pérez, Hammouba AAkla, Gabriel Chorén.