O Garaysa Xiria imponse ao Carballal

Partido de alta tensión o vivido o sábado pola mañá no Vila de Noia. Enfrontábanse dous equipos parellos de forzas que tentaron mostrar un bo balonmán. Brillante actitude por parte dos dous equipos que se sobrepuxeron a unha mal arbitraxe.

Minutos iniciais igualados, onde os equipos tentaban buscar o ritmo de partido que máis lles favorecese, pero non eran capaces de mantelo durante un período constante. Xogábase por refachos e a tiróns, onde as defensas eran as protagonistas. O Carballal, tomou unha estratexia de xogar sen extremo dereito, para xogar con dous pivotes en ataque; mentres o Garaysa cun ataque 3:3 buscaba a mobilidade dos seus xogadores e a circulación de balón. Ao descanso chegábase con 12 a 13.

Na continuación, unha descualificación ao adestrador do Garaysa, Adrián Dubra, daba unha pequena vantaxe aos visitantes. Lonxe de renderse, os carballeses tiraron de orgullo, e cando recuperon aos dous excluídos, cambiaron a defensa 3:3 e remontaron o partido para levar unha vitoria moi traballada e que lles deixa terceiros a falta de 3 xornadas para acabar a liga. A semana que vén, viaxan ata Pontevedra, para enfrontarse ao correúdo S.D. Teucro.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pablo Torreiro do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 27 ( 12 + 15 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Juan Martín, Alberto Suárez, Pedro Porteiro, Alberto Rodríguez.

A.D. CARBALLAL 24 ( 13 + 11 ): Pedro Pérez, Pablo Vilaboa, Adrián Leal, Andrés González, Xosé Costas, Izan Iglesias, Raúl Garrido, Iván Martínez, A. Gallego, Daniel Losada, Emilio Alonso