O Garaysa Xiria queda sen Campionato de España

Non puido lograr o éxito das últimas dúas tempadas o equipo infantil do Garaysa Xiria; pero deixouse ata o último alento no intento. O novo equipo carballés de seguro aproveitará esta experiencia para cultivar futuros éxitos nas categorías base das Escolas Balonman Xiria.

As cores verdinegras do balonmán carballés póñense de moda por estas datas cos seus equipos sempre loitando polas prazas cabeceiras de división de honra. Algo do que poden presumir os habitantes de Carballo.

Academia Octavio 30 – Garaysa Xiria 34

Difícil comezo para o Garaysa, coas dúbidas do primeiro día de competición; os primeiros minutos foron para os vigueses; pero unha vez soltado os nervos, os últimos 10 minutos de primeira parte, o Garaysa dominou ao seu rival para chegar 15 a 21 ao descanso. A segunda parte, os do Octavio apertarían para poñerse a un só gol; pero de novo o arreón final levou os dous puntos ao marcador do Garaysa.
Garaysa Xiria 30 – Grupo Salco Luceiros 46

A segunda xornada, o conxunto de Carballo enfrontábase ao anfitrión, o Luceros, de Cangas. O partido durou 15 minutos; que foi o que tardou o Luceros en adquirir unha vantaxe de 5 goles; grazas á debilidade defensiva do Garaysa que parecía estar a pensar no decisivo encontro do domingo e non se viu capaz de competir pola primeira praza. Así o marcador final reflicte a superiordad dos locais que se clasificaron en primeiro lugar para o Campionato de España. Chegábase ao domingo cun partido final entre a SAR e Xiria pola loita da outra praza para o campionato.

SAR Centro Médico Cesantes 23 – Garaysa Xiria 19

Sairían arroyando ao seu rival os de Carballo; cun 3 a 0 inicial. Pero os de Redondela, foron aos poucos entrando no partido, conseguiron marcharse ao descanso 15 a 14 a favor. A segunda parte, foi quenda para as defensas, os dous equipos pelexaban por cada balón, e o cansazo acumulado nos 3 días, non parecía notarse. Un dos protagonistas do partido foi o porteiro Pablo Sánchez que realizou paradas de mérito, ante un Garaysa Xiria que o tentou ata o último minuto; mostrándose defensivamente a un bo nivel, o que permitiu estar continuamente no partido. Un esforzo que non tivo recompensa, pero se moita aprendizaxe para próximos sectores. E que deixa ás claras, ese devandito de “Os ataques gañan partidos pero as defensas gañan campionatos”.

O plantel do Garaysa Xiria:

Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Samuel Veiga, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Alberto Suárez, Miguel Goimil, Pedro Porteiro y Julián García.

Aplaudir a actitude mostrada durante o intersector destes mozos, que volverán tentalo o ano próximo.

Clasificación fase final