DSC_0175

O Garaysa Xiria recupera as boas sensacións no derbi diante do OAR

Despois da derrota cultivada o fin de semana anterior fronte ao Cisne; o Garaysa Xiria presentábase na Coruña para enfrontarse ao Oar, nun derbi cheo de emocións entre os participantes. Tardou en axustar o seu defensa o Garaysa Xiria uns 10 minutos, mentres tanto reinaba a igualdade no marcador cun tanteo demasiado alto. Pero mediada a primeira metade subía a intensidade defensiva e a boa coordinación para distanciarse antes de chegar ao descanso por 14 a 21.

Na continuación, os carballeses mantiñan o ton defensivo, o cal permitiu ampliar as diferenzas entre os dous equipos e sentenciar o choque moito antes de chegar ao final.

Bo partido do Garaysa Xiria, que conseguiu os dous puntos en xogo para seguir soñando e loitando na división de honra; polos postos cabeceiros.

A semana que vén, chega a Carballo o A.D. Carballal, equipo que conseguiu gañar na primeira volta a un Garaysa que neste momento segue crecendo e madurando; así que veremos un bo partido no Vila de Noia, o sábado pola mañá.

Incidencias: Partido disputado no pavillón San Francisco Javier ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

OAR CORUÑA 24 ( 14 + 10 ): Efrén Oviñao, Adrián Pérez, Daniel Garea,  Andrés Resch, Gabriel Mella, Pedro Varela, David Tarrio, Ramón López, Marcos López, Ángel Ordoñez, Cristovo Castro.

GARAYSA XIRIA 42 ( 21 + 21 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Juan Martín, Alberto Suárez, Pedro Porteiro, Samuel Veiga.