O Goldie Xiria acaba a tempada en cuarta posición

O partido contra o Atlético Guardés era o último da tempada e o Goldie Xiria viaxaba baixo mínimos, coas baixas por distintas razóns de Natalia, Zeltia, Soraya, Raquel e Támara. Difícil de competir con tan poucas xogadoras; pero as que viaxaron, realizaron un excelente encontro no que o factor físico mediada a segunda metade, foi determinante para o resultado final de 21 a 16.

Incidencias: Partido disputado A Sangriña ante un centear de seareiros. Colexiados: Jorge Martínez e  José Ángel Rodríguez do colexio galego.

MECALIA ATL. GUARDÉS 21 ( 11 + 10 ): Rebeca Vicente, Paula Vicente, Nerea Capón, Olaya Rodríguez, Judith Ramos, Cristina Barbosa, Elsa González, Laura Alonso, Sara Pacheco, Iria Piñeiro, Maria Doiro, Raquel Lorenzo, Beatriz Estévez.

GOLDIE XIRIA 20 ( 10 + 6 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Jessica Posse, Saray Couto, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Sandra Santos.

Coa mente posta no descanso; tratarán de planificar a tempada que vén, con obxectivos e novos retos para unhas xogadoras que se deron conta do grandioso que é pelexar unidas nos adestramentos para crecer como equipo.

O adestrador Adrián Dubra resalta a experiencia desta tempada como unha aprendizaxe para os que formamos este equipo de fronte ao futuro próximo.

Veremos en que condicións afrontamos a pretempada e avaliaremos os obxectivos dun equipo que se de algo ten gañas, é de seguir mellorando e ir a máis na nova tempada.