O Goldie Xiria cae ante o BM. Porriño despois dunha boa primeira parte

O Goldie Xiria enfrontouse, no día de onte, a un dos conxuntos máis potentes da 1ª autonómica feminina. O Vila de Noia parecía que ía ser o marco dun choque desigual e aínda que así foi, as de Carballo mostraron unha clara melloría no seu xogo nos primeiros trinta minutos do envite. As visitantes non foron capaces de romper o partido até o minuto vinte do primeiro acto, cando tres balóns perdidos polas xogadoras do Goldie (erros non forzados) e dúas precipitacións no lanzamento da primeira liña, transformábanse á contra nun 1-4 definitivo para o que quedaba por xogar. Até entón, as bergantiñás souberan levar a cabo perfectamente o plan trazado: elixir o momento idóneo para a subida do contragolpe, non perder nin arriscar balóns innecesarios, xogar ataques longos e facelo a través dun par de inicios tácticos contra a defensa 5:1 do conxunto rival. Todo isto, unido á boa circulación da pelota, facía posible que o Goldie Xiria competise do teu ao teu co todopoderoso BM.Porriño até ese minuto vinte, cando do 4-6 que reflectía o marcador, convertíase nun 5-10 debido ás imprecisiónes das verdinegras. A lesión de Jessica no central foi un hándicap importante e, aínda que a xuvenil Alba dirixíu con mestría ao equipo, facer en falta outra compañeira especialista que lle dese substitución no posto de central. A primeira parte terminaría cun 6-13 a favor das pontevedresas, aínda que a imaxe das de Xiria, podémola catalogar de boa.

O segundo acto transcorreu por uns camiños totalmente opostos e o Goldie Xiria sumaba demasiados erros e perdidas de balón que ofrecían en bandexa contras letais ao seu rival. No minuto dez da continuación, a diferenza xa era insalvable, cun 1-6 de parcial para as rojillas que mandaban no electrónico por un contundente 7-19. As de Carballo entraran en bucle e acumulaban erro tras erro, totalmente atenazadas e sen ideas, quedando a mercé dun rival moi superior.

Agora queda esperar a ver en que queda a lesión de Jéssica, que segundo os primeiros diagnósticos médicos trátase dunha escordadura de xeonllo. A ela, desexámoslle unha pronta recuperación. En canto ao equipo e a súa primeira parte, dános unha idea do camiño a seguir cun conxunto tan novo. Optimismo e ilusión para seguir traballando e encadear moitos vinte minutos como os completados contra un conxunto chamado a liderar a liga regular.

Goldie Xiria: 11 (6+5). Brenda, Andrea, Uxía (1), Nuria, Soraya, Diana, Alba (1), Sheila (1), Natalia (1), Jessica, Raquel (1), Juana (6), Adriana.

BM Porriño: 32 (13+19). Lucía (3), Sandra (1), Sara. S (2), Andrea. C, Candela (3), Ana, Sara. L, Laura (2), Cristina (5), Andrea. A (3), Sabela, Sheila, Claudia.

Parciais cada 5´: 2-2/ 4-4 / 4-6 / 5-10 / 6-11 / 6-13 -Descanso- 6-16 / 7-19 / 7-22 / 9-26 / 10-29 / 11-32 -Final.

Arbitros: P. Barreiro e P. Torreiro. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da segunda xornada (liga 2016/17) en 1ª Autonómica feminina, disputado no Pavillón Vila De Noia ante un centenar de siareiros.